Venres. 26.04.2024
El tiempo

Corcubión mira ao mar co VI Concurso de Fotografía

Corcubión mira ao mar co VI Concurso de Fotografía

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción do Concello de Corcubión vén de anunciar o “VI Concurso de Fotografía do Concello de Corcubión”. Se o ano pasado o Xacobeo era o protagonista, desta volta será o mar o centro dos obxectivos.

O prazo de presentación das fotografías está aberto ata o 15 de setembro, e haberá 3 premios de 300€, 150€ e 100€.

Bases

Os concursantes poderán participar con tres obras, únicas e orixinais, que se axustarán ás seguintes normas:

  • Asunto: Corcubión e o mar.
  • Modalidade: en papel fotográfico (en cor, sepia ou branco e negro)
  • Tamaño mínimo: 30 x 40 cm
  • As fotografías presentáranse en sobre pechado figurando no exterior o número de obras presentadas e o lema do autor/a. Cada obra levará un título que deberá figurar no reverso da fotografía ademais do pseudónimo do autor ou autora. Nun sobre adxunto deberá incluirse o soporte da fotografía e facer constar os seguintes datos: nome e apelidos do autor/a, DNI, enderezo e nº de teléfono.
  • As fotografías entregaranse no Concello de Corcubión desde o día 1 ao 15 de setembro.
  • Establécense os seguintes premios: 300 € para o gañador, 150 € para o segundo e 100 € para o terceiro.
  • Os premios resolveranse no mes de setembro por un xurado composto por persoas vinculadas ao mundo da cultura e da fotografía.
  • De non haber un número mínimo de obras presentadas ou si a calidade das mesmas, na opinión do xurado, fora deficiente, os premios poderán declararse desertos.
  • As obras gañadoras quedarán no poder do Concello, podendo reproducilas e difundilas con total liberdade.
  • As obras que non resulten premiadas poderán ser recollidas polos autores na Casa do Concello. Aquelas fotografías que non sexan retiradas transcorrido un mes desde a data do fallo do xurado, quedarán no poder do Concello, podendo reproducilas e difundilas con total liberdade.
  • O ditame do xurado será inapelábel. A participación dos concursantes no mesmo implica a aceptación destas bases.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Corcubión, da man do Concelleiro José Antonio Louro Pais.

Comentarios