Luns. 29.04.2024
El tiempo

Corcubión queda pendente dunha posible moción de censura

Corcubión queda pendente dunha posible moción de censura

Hoxe, luns 1 de xullo, ás 14:15h, tiña lugar un pleno importante no Concello de Corcubión. Un pleno ao que non podía acodir parte da oposición, como a concelleira do BNG Susana Trillo (por motivos laborais, persoais e familiares, ou o propio teniente alcalde Lalo Insua. I é que dende o grupo nacionalista teñen reiterado as súas críticas porque o horario dificulta a edís e veciños a asistir.

Este ademais, como dicimos, era un pleno dos máis importantes do ano. Os grupos votaban unha moción (ou cuestión) de confianza vinculada aos orzamentos polo alcalde sociealista Francisco Lema Chisco, ante a negativa da oposición a aprobar os orzamentos municipais do 2013 hai unha semana.

Pois ben, BNG e PP votaron en contra dos orzamentos de novo e non foi adiante a moción de confianza. Deste xeito, agora ábrese un prazo de 30 días para que a oposición presente alcalde para levar a cabo unha moción de censura. En caso contrario, os orzamentos serán aprobados sen o beneplácito da oposición.

Plenos circenses

E se en innumerables ocasións temos falado das formas nos plenos de Corcubión, hoxe o BNG lanza estas descricións: "Os plenos deste Concello, como os de outros pobos veciños,convertíronse nunha feira, ou máis ben, semellan un increíble circo,Un circo onde non hai malabaristas, nin saltimbanquis, nin trapecistas, nin paiasos.Nin tansiquera público.Tan só hai unhas feras dándose zarpazos e ofrecendo en cada función un triste espectáculo mentras se nos enche a boca de 'democracia'", sinalan.

E invita á reflexión: “Estamos en guerra: reflexionemos. Unha guerra con tres bandos en lugar de dous", recoñece. "Nós somos os que temos que decidir si continuamos no circo ou procuramos rematar esta situación pendencieira e usamos a intelixencia para resolver os problemas que ten este pobo, que desgraciadamente son moitos".

Iso si, denuncia que son “os Proxectos Virtuais que están levando a este pobo a unha total parálise”, coma o gasto na wifi que non vai, ou o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que "non se sabe si aínda existe, e está paralizado según o Goberno Municipal pola falla de consenso ca oposición". E así pon ata máis dunha ducia de exemplos, como o Plan Especial do Casco Histórico, o Centro de Dia, o Plan eólico singular, Piscifactoria de Cabo de Cee, o Aparcamento de autocaravanas no Faro de Cee, o Sendeiro peatonal pola costa dende Quenxe a Redonda, o Saneamento da ría, a Radio Neria, o Novo Cemiterio, a reforma da Praza de Castelao, ou o porto deportivo.

Críticas aos orzamentos

Aínda a semana pasada o BNG local analizaba os orzamentos presentados polo Concello, e explicaba as razóns que o levaba a rexeitalos. Para o grupo opositor falamos dos "os orzamentos máis antisociais da historia de Corcubión, presentados como inamomibles polo alcalde".

O BNG non comparte "o cobro de taxas polo uso da Casa da Cultura ou do Local de Ensaio, taxas que por outro lado obrigarían ao Concello a un mellor mantemento destes locais que na actualidade non existe, e que o Concello non ten intención de facelo, nin con taxas nin sen elas, como xa lle está a pasar ca rede Wifi que despois de gastar máis de 200.000 euros segue sen uso".
Nembargantes, o BNG critica que "o Concello si que se fai cargo do mantemento gratuíto do campo de fútbol sen contrapartida algunha".

O BNG tampouco comparte que "o alcalde dispoña dunha partida de 6.000 euros para gastos xudiciais tendo á súa disposición os Servizos Xurídicos da Deputación". E critica que "tan só se lle destinen 1.500 euros nestes orzamentos ao sector turístico local".

"Escandaliza saber que polos caprichos do señor alcalde se lle está a pagar a o aparellador en situación de excedencia forzosa 20.000 euros por estar na casa, mentres o seu traballo é feito por outra persoa á que por suposto hai que pagarlle outra nómina", continúan. E ademais critica o excesivo gasto no ADL.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios