Xoves. 02.12.2021
El tiempo

Corcubión recibe 110.000 euros para rehabilitar o seu casco histórico

Corcubión recibe 110.000 euros para rehabilitar o seu casco histórico
casco-historico-corcubion A axuda pertence ao programa de Áreas de Rehabilitación Integral cofinanciado polo ministerio de Fomento e a consellería de Infraestructuras e Vivenda O concello de Corcubión recibe unha axuda de máis de 110.000 euros destinada a diferentes actuacións de rehabilitación e urbanización do casco histórico da vila. Así o anunciou onte o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro quen deu a coñecer as axudas que se lle veñen de conceder aos diferentes concellos da provincia que solicitaron a súa inclusión no programa de Áreas de Rehabilitación Integral, cofinanciado polo Ministerio de Fomento e a Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia. En concreto, na provincia da Coruña concedéronse axudas para 18 áreas de 11 concellos por un total de algo máis de 4,8 millóns de euros. Desta cantidade, 3,4 millóns son a cargo de ministerio e preto de 1,4 millóns corresponden ao financiamento directo do goberno galego. Unha vez comunicada a información aos concellos, estes teñen un prazo de dez días para presentar a documentación correspondente, que inclúe a detalle das actuacións que van a realizar. Ovidio Rodeiro destacou a forte aposta da Xunta de Galicia pola recuperación de zonas en avanzado deterioro. “Estas achegas son un exemplo máis do compromiso do Goberno galego coa rehabilitación dos cascos históricos e das zonas onde se require a actuación inmediata das administracións”, subliñou o delegado territorial. Novas relacionadas Fonte

comentarios