Venres. 04.10.2024
El tiempo

Corcubión rescata o seu mítico Torneo de Copas

Torneo de Copas de Corcubion 2022
Corcubión rescata o seu mítico Torneo de Copas

Xa está aquí a Supercopa de fútbol sala de Corcubión. Volve un evento que rescata a esencia daquel Torneos de Copas disputado na vila de San Marcos entre 2007 e 2010. Daquela, eran nada menos que 8 bares/pubs da vila (máis da metade dos que había abertos entón) os que participaban nos torneos, xuntando cada ano 80 xogadores (10 por equipo), case todos corcubioneses (só se permitía un “foráneo” por equipo), o cal dada o poboación da vila era moi meritorio.

Desta volta, serán os dous últimos campións daquel Torneo de Copas, Café Bar Suiza (campión en 2009) e o Pub Gavilla (en 2010), os que se enfrontarán este venres 23 de decembro ás 20:00h no Pavillón Augusto César Lendoiro de Corcubión.

Colabora a Estación de Servizo Bazarra.

Comentarios