Tres resolucións xudiciais laborais en contra do Concello de Corcubión
O Concello de Corcubión vén de recibir tres resolucións laborais en contra en relación a dous casos paralelos herdados.
Nun caso, o Concello vese obrigado polo fallo do Tribunal a adaptar á quenda de mañá a xornada laboral dunha traballadora, condenando a súa inmediata implementación, os fundamentos de dereito establecen que a falta de resposta motivada e a omisión do deber de negociar determinaron a estimación da pretensión de adaptación de xornada, ao non acreditar o Concello ningunha razón obxectiva, organizativa ou produtiva que xustifique o sacrificio do dereito fundamental da actora.
”A conduta do Concello ao ignorar a solicitude da traballadora, que acredita necesidades de coidado dun menor, constitúe un trato pexorativo e, seguindo a doutrina da Sentenza 153/2021 do Tribunal Constitucional, a discriminación por razón de sexo prodúcese cando o exercicio de dereitos de conciliación xera un prexuízo efectivo”, sinala sentenza.
O electricista
Tamén saíron recentemente dúas sentenzas en contra da política laboral do anterior goberno do PSOE, en relación co caso do electricista J.C.S.C.. Un asunto que leva salpicando a vida municipal dende 2011, con varias citas xudiciais entre 2022 e 2023.
Un xuízo por non ter abonada a produtividade e outra por non abonar o 25% da baixa que lle toca ao Concello. Todo, segundo afectado, por “unha decisión da Secretaria co apoio do ex alcalde soci-listo”
Así, no primeiro caso, a Xustiza obriga a pagar ao Concello uns 6.700 polo complemento de IT no 2024, . No segundo, a Xustiza condena ao Concello a aboarlle ao demandante a cantidade de 3.715,64 euros, máis os xuros de demora do 10 % anual sobre dita suma, da porcentaxe da baixa laboral que lle toca pagar entre os anos 2022 e 2025.
Máis novas do Caso
- 2023: O Concello de Corcubión non se presenta á conciliación co electricista.
- Xullo 2022: O electricista entra finalmente na OEP, pero non na RPT, de Corcubión.
- Maio 2022: Os “dous traballadores con soldo pero sen traballo” no Concello de Corcubión.
- 2015: O aínda alcalde de Corcubión, absolto no caso Sambade.
- 2014: Nova multa da Inspección de Traballo ao Concello de Corcubión polo caso Sambade.
- 2011: O PP de Corcubión denuncia máis consecuencias do Caso Sambade.