Corcubión volve ao medievo con máis forza ca nunca
13:48 23/07/18
Os organizadores sinalan que máis de 30.000 persoas visitaron o Mercado Medieval de Corcubión durante a súa 18ª edición. Imaxe: David Lourido
"Diría que éste foi o mellor Mercado dos 18 anos de historia". Cun gran sorriso na boca, José Piñeiro - presidente da asociación organizadora do Mercado Medieval "Costa da Morte" Corcubión - facía estas declaracións unha vez pechada a 18ª edición que conseguiu que máis de 30.000 persoas visitaran ao longo da fin de semana a vila e o seu contorno.
Nesta edición recuperouse o Desembarco, o elemento diferenciador do Mercado Medieval e no que participaron máis de 100 veciños e veciñas. Imaxe: Rafael Quintáns
Os propios postos de artesanía e degustación ademais dos espectáculos na propia feira foron un dos principais reclamos para os visitantes, ainda que nesta 18ª edición conseguiuse recuperar a forza doutras actividades paralelas. E un claro exemplo foi o Desembarco das Tropas do Arcebispo Rodrigo de Luna - o gran elemento diferenciador do encontro e “o pilar básico, o feito histórico sobre o que se montou todo” - do venres á noite na praia de Quenxe e no que participaron uns 100 veciños e veciañas da vila.
Durante os tres días de mercado, as rúas de Corcubión acolleron varios espectáculos itinerantes. Imaxe: Rafael Quintáns
O evento chegou a "colapsar" Quenxe o venres á noite, momento no que "non cabía unha agulla máis", segundo sinalan dende a organización do mercado medieval. A recuperacion da representacion con xente da vila despois de varios anos e realizando varios ensaios xerais, foi a nota máis destacada de todo o acto. Unha vez rematado o Desembarco a actividade concentrouse de novo na vila de Corcubión onde se izou o pendón e se realizou a tradicional procesión dos "traidores".
Torneo Medieval
O sábado pola tarde, o areal de Corcubión acolleu o Torneo Medieval presenciado por centos de persoas. Imaxe: Rafa Quintáns
Outra das actividades estrela desta edición do Mercado de Corcubión foi o Torneo Medieval que se celebrou o sábado á tarde e que serviu para quencer os motores dunh completa noite que culminou co espectáculo “Errantes” de Troula "que encandilou ao público", sinalan os organizadores.
Miles de persoas presenciaron o sábado á tarde o Torneo Medieval que se disputou no areal de Corcubión. Imaxe: Rafa Quintáns
Bares e outros establecementos hostaleiros da zona ateigados de xente durante toda a fin de semana demostraron a importante incidencia que ten esta cita na economía local. O Mercado de Corcubión é un reclamo para unha boa parte dos veciños e veciñas da Costa da Morte e doutras vilas que sobrepasan as fronteiras da comarca.
[video width="640" height="352" mp4="/media/quepasanacosta/files/2018/07/23/WhatsApp-Video-2018-07-22-at-16.35.56.mp4"][/video]
¡Longa vida ao Mercado Medieval de Corcubión!
Máis información
Novas relacionadas
- Corcubión volve apostar polo Desembarco, o elemento diferenciador do Mercado Medieval Costa da Morte
- Manuel Vilar sitúanos en contexto para o Mercado Medieval de Corcubión.
- Mercado 2013: O Mercado Medieval de Corcubión mantén o seu tirón.
- Mercado 2012: O Mercado Medieval de Corcubión non perde tirón.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).