Corcubión volveu denunciar o xenocidio que está a sufrir o pobo palestino

Volveron a concentrarse membros do BNG de varias vilas da Costa da Morte este luns 21 de outubro na Praza Castelao de Corcubión. Volveron lembrar que se cumple un ano da ofensiva criminal sionista de Israel contra Palestina, e denunciar así o xenocidio que está a sufrir o pobo palestino. Convocados polas organizacións Mar de Lumes, Galiza por Palestina e Asociación Galaico-Árabe Jenin, e co apoio do BNG da Costa da Morte.
Leuse un manifesto no que que se critica a postura da UE e de Josep Borrel, que continúan privilexiando as relacións militares e diplomáticas con Israel, así como a posición morna e ambigua do Estado español e da Xunta de Galiza, que segue sen ter unha postura clara de rexeitamento do xenocidio israelí.
Tamén condenouse o tratamento informativo da CRTVG, silenciando as voces dos millares de persoas que se mobilizan a favor de Palestina en Galiza.