Venres. 19.04.2024
El tiempo

Fisterra segue formándose nas TIC

Fisterra segue formándose nas TIC

Non deixamos de apuntar a importancia dos cursos de alfabetización dixital na Costa da Morte. Uns cursos que serven para que os maiores se acheguen ás novas tecnoloxías, pero tamén para que os mozos e adultos se formen nunha materia fundamental para a vida laboral de hoxendía.

E de aí que sempre reparemos nas Aulas Cemit, que en Vimianzo e Fisterra traballan de marabilla. Aquí vemos un novo exemplo. O curso de Deseño Gráfico que tivo lugar a pasada semana en Fisterra con 11 asistentes.
A través desta microactividade cunha duración de 15 horas a dinamizadora Alicia López pretendeu facer comprender aos asistentes as posibilidades que se ofrecen no mundo do deseño gráfico, sobre todo no referente aos posibles enfoques profesionais dotando dun coñecemento básico das ferramentas que están a súa disposición.
Para este motivo fíxose uso dun programa de edición e retoque de imaxes, tratando de dar a coñecer algunhas das ferramentas das que se compón con utilidades como crear logotipos, composición de imaxes, etc.

Máis actividades en xuño aula CeMIT Fisterra

Para a próxima semana, hai máis citas na Aula CeMIT de Fisterra:

  • Luns ás 11, charla: redes sociais-o facebook.
  • Martes e mércores, 10.30 creación dunha conta de facebook;
  • Xoves, 21 de xuño, de 10 a 14 horas, charlas para mulleres emprendedoras na aula CeMIT de Fisterra: "Tomando as rendas" (por videoconferencia, dirixida a mulleres emprendedoras.
  • Do 25 ao 28, curso por videoconferencia retoque fogográfico con gimp.

Máis información e inscricións: na propia aula na rúa Cerca, 7; enviando un correo a [email protected] ou no 670 081 740.

Charla sobre internet en Corcubión

A Concellería de servizos sociais de Corcubión organiza, en colaboración coa Unidade Técnica de delicuencia tecnolóxica e protección do menor da Garda Civil, unha charla informativa que leva por título "Os/as nosos fillos e fillas fronte a INTERNET". A charla vai destinada a todos os pais, nais e persoas educadoras que queiran acudir para recibir información que se especifica no documento adxunto. A charla terá lugar na Casa do Concello, o mércores 20 de xuño, ás 18:30 h.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios