Interceptan 300 quilos de ourizo ilegal en Corcubión


Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia da Consellería do Mar e da Garda Civil de Carballo e de Tráfico da Coruña requisaron nos últimos días un vehículo e os 300 quilos de ourizo que transportaba nun operativo de control da comercialización realizado o pasado venres no porto de Corcubión.
Os axentes inspeccionaron o vehículo e detectaron que o ourizo que transportaba era de talla antirregulamentaria (o talle mínimo é 5,5 cm) e que a mercadoría non estaba debidamente documentada. O produto comisado tería un valor económico no mercado de arredor de 1.500 euros.
Este operativo enmárcase nos traballos de control de comercialización e transporte nos portos e estradas de Galicia. Súmase aos controis da baixamar nas praias na loita contra o furtivismo que desenvolve a Xunta e as forzas e corpos de seguridade do Estado e de Galicia.
Fonte
- Xunta.