Os maiores de 70 anos de Corcubión comparten as súas memorias pola rede con EEUU
Fermosa iniciativa do Concello de Corcubión que loita contra a fenda dixital e na recuperación da memoria histórica dos nosos maiores do rural. A Concellería de Cultura, Benestar, Igualdade e Muller lanza un convite ás persoas da vila maiores de 70 anos para formar parte dun programa de coeducaión centrado na historia española desde o 1939 ata o 2023. O programa, “Memorias compartidas”, trata de rescatar a experiencia e sabedoría dos nosos maiores para aproveitalas no ensino universitario.
O programa é unha proposta do departamento de Estudios Españois da Universidade de Carleton de Minnesota. O ano pasado levouse a cabo en colaboración cun grupo de persoas maiores da Universidade Permanente de Cantabria (UNATE) e este ano súmase á iniciativa o Concello de Corcubión. A responsable do mesmo, a profesora Palmar Álvarez Blanco o elabora dentro dunha liña de traballo pedagóxico de compromiso cívico.
Inscribirse
O proxecto levarase a cabo durante 7 semanas a partires do 8 de xaneiro de 2024. A participación dos maiores será tódolos venres (7 venres en total) durante 1h entre as 19 e 20h. Cada venres, por videoconferencia, será un alumno/a distinto o que pasa unha hora cunha das persoas maiores en sesións individuais entre alumno/a e coeducador/a.
Para formar parte do programa é necesaria a inscripción no Concello de Corcubión. O prazo remata o 20 de outubro.
Hai 8 prazas e respetaráse a orde de inscripción e a paridade entre homes e mulleres.