mércores. 04.12.2024
El tiempo

Miguel Vázquez Freire publica “O Moucho Voa”: “As grandes cuestións da filosofía afectan a todos”

  • O libro nace dun espazo radiofónico aínda vivo na radiONeria, a radio municipal de Corcubión.
Miguel Vazquez Freire co Libro O Moucho voa
Miguel Vázquez Freire publica “O Moucho Voa”: “As grandes cuestións da filosofía afectan a todos”

Dos Encontros de Filosofía para Veraneantes, ás emisoras da radiONeria,, e finalmente ás páxinas dun libro. Ese foi o voo do “Moucho” de Miguel Váquez Freire. O escritor e pensador corcubionés vén de publicar o libro “O Moucho voa”, editado por Xerais. Un libro de refelxión sobre “as grandes cuestións da filosofía que nos afectan a todos”, asegura.

Un libro que parte dos encontros filosóficos artellados dende a Universidade Cromática das Virtudes, que por mor da pandemia se convertiron nun programa da emisora muicipal de Corcubión.

Coa axuda de moitos invitados, pero sobre todo os Francisco Santiago López, Paula Trillo e Javier Paz, o espazo “O moucho voa” reflexionaba en alto “unindo o cotián, as cousas da vida mesma, coas preguntas eternas da filosofía, e as súas respostas, nunca definitivas”. Un libro que parte pois do diálogo, en clave socrática, que analiza como “infocracia domina esta sociedade enferma” e que lembra “a necesidade de aburrirse para ter espazo para pensar”, a necesidade mantermos sempre vivo o “aburrimento creativo”.

A día de hoxe, Miguel segue mantenda viva a chama radiofónica, coa continuación do programa agora chamado “Conversas do moucho”, e se emite os mércores ás 20:30h na radiONeria e Radio Roncudo.

Miguez Vazquez Freire Moucho voa
Miguel Vázquez Freire gravando os programas na emisora municipal de Corcubión

Novas relacionadas

Comentarios