venres. 09.01.2026
El tiempo

Novo atropelo na entrada de Corcubión nun paso de peóns mal iluminado

IMG-20260108-WA0048
A ambulancia no lugar do atropelo
Novo atropelo na entrada de Corcubión nun paso de peóns mal iluminado

Non foi no mesmo paso de peóns que o atropelo mortal de outubro, e o autor tampouco escapou. Pero esta noitiña de xoves 8 de xaneiro, tivo lugar un novo atropelo entre Cee e Corcubión. Unha furgoneta, que viaxaba paseniño, atropelaba unha muller, residente en Corcubión duns 35 anos, no paso de peóns ao carón da subida cara o Cabo da Vila. A muller ficou ferida pero non parecía de gravidade.

Ao lugar acodían a Garda Civil, a Ambulancia e Protección Civil, que corroboraron a pouca visibilidade do paso de peóns.

Máis novas

Comentarios