Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Aproveita os Cupóns de Empresas da Costa

Aproveita os Cupóns de Empresas da Costa
Cupons de Ofertas de Empresas da Costa

De total promoción se atopa o proxecto Empresas da Costa, do que este diario forma parte. Esta iniciativa pretende dinamizar o tecido empresarial da Costa da Morte a través da rede, servindo de Directorio Empresarial, pero tamén de servición de creación de páxinas webs a baixo custe, e de sistema de cupóns de ofertas e descontos.
"Unhas páxinas amarelas, un one&one e un cuponeo nunha soa ferramenta, e feita na Costa da Morte", como apunta Manuel Pan, responsable de Abertal, empresa carballesa que lidera o proxecto.

O proxecto nace coa intención de que o comercio da Costa da Morte se reafirme, e de que un veciño de Cee coñeza que en Muxía hai unha empresa que ten o que el necesita, por poñer un exemplo. Achegar as empresas de toda a zona a cada veciño da Costa da Morte é a finalidade de www.empresasdacosta.com.

Desta volta, Empresas da Costa está a promocionar os seus Cupóns de Ofertas. Xa te varios en liña, que xa podedes descargar, imprimir e achegarvos aos establecimentos para facelos efectivos.

Polo de pronto podedes tomar 4 cañas pagando 3 no Restaurante Insua, podedes xantar un chuletón de 1kg para dúas persoas por 25€ no Restaurante Praia de Quenxe, podedes tamén aproveitar os descontos do Hotel Monte Branco, da Clínica A Xunqueira de Cee ou da Clínica Veterinaria Argos de Cee.

Promoción offline

Ademais, xa podes escoitar as cuñas preparadas para a promoción online do proxecto:

Como aproveitarte das ofertas

Non tes máis que entrar na sección de Cupóns de www.empresasdacosta.com, pinchar no Cupón, descargalo, imprimilo e achegarte ao establecimento escollido para facer efectiva a oferta.

Como anunciar o teu establecimento en Empresas da Costa

E se es un establemento, xa podes poñerte en contacto con Empresas da Costa a través do correo [email protected] ou 981 75 78 15. Aí poderás recibir información de como anunciarte e como anunciar as túas ofertas a través dos nosos cupóns.

De feito, durante estes primeiros meses están lanzando verdadeiras ofertas para adherirse á rede de EdC, así que chama e infórmate se queres formar parte deste pioneiro proxecto da Costa da Morte.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios