O aínda alcalde de Corcubión, absolto no caso Sambade


Parece que chegamos ao fin do eterno caso Sambade, o caso do electricista municipal de Corcubión. Un Juan Carlos Sambade que denunciaba ao aínda alcalde (non se presenta para a relección), Francisco Lema, Chisco, en outubro de 2012, por unha suposta falta de vexacións inxustas. O denunciante pedía unha indemnización de 6000€, pero o xuíz de Corcubión entende que non quedan acreditados os feitos denunciados, que se resumen en varias “conductas degradantes tales como encomendarle tareas impropias da súa condición, ou envialo a un soto”.
Polo tanto, o xuíz non pode acreditar as denuncias, valora as versións contraditorias de ambos pois o alcalde asegura que foi o propio electricista o que se negaba a facer as instrucións encomendadas, asegurando ademais que dende 2011 as funcións de xefe de persoal as exercía un concello ao non ter dedicación exclusiva.
Deste xeito, o absolto non terá que pagar as costas do xuízo, se ben o denunciante xa recorriu esta sentenza.
Novas relacionadas
- 18-03-14: Nova multa da Inspección de Traballo ao Concello de Corcubión polo caso Sambade.
- 06-03-12: O BNG de Corcubión pide que o alcalde abone do seu peto os 15.000€ de multa polo Caso Sambade.
- 06-10-11: O PP de Corcubión denuncia máis consecuencias do Caso Sambade.
Fonte
- Nota de prensa do PP de Corcubión.