Venres. 03.05.2024
El tiempo

O BNG de Corcubión comprométese coa Emprecor

O BNG de Corcubión comprométese coa Emprecor
O BNG de Corcubión xa comezou a rolda de encontros cos representantes dos sectores económicos, sociais e culturais da vila. De feito, o seu voceiro Oscar Insua, a responsble local Susana Trillo e o secretario da asamblea, David Álvarez, mantiveron esta semana unha xuntanza coa xunta directiva da Asociación de Empresarios de Corcubión, para escoitar as súas demandas e propostas. A directiva da Emprecor manifestoulle as súas inquietudes e necesidades ao grupo da oposición, como pode ser a necesidade dun local. A entidade xa menifestou que é "unha Asociación Empresarial aberta a toda a sociedade, e como non, os distintos grupos políticos que traballan en beneficio do noso Concello". Sobre a xuntaza co BNG, o presidente Juan Ángel Canosa apuntou que "pareceunos moi positiva, pois coincidimos e moitos aspectos na visión empresarial que nos gusta para Corcubión". A directiva empresarial expuxo as súas "dificultades para a realización de actividades comerciais nos locais necesarios para estes fins, a necesidade de realizar convenios entre EMPRECOR e organismos públicos, así como os plans de ordenación urbanística de Corcubión entre outros". Ademais, Canosa quixo deixar claro que a entidade está aberta a todos os grupos políticos. Pola súa banda, Oscar Insua, valorou positivamente o encontro e manifestou ao respecto que “O noso compromiso é moi claro, apoiaremos sen fisuras dende o concello á asociación de empresarios. Para nós é imprescindible axudar a este colectivo para potenciar o desenvolvemento comercial e económico de Corcubión”. O candidato nacionalista á alcaldía valorou positivamente esta xuntanza e declarou que “queremos fortalecer a nosa economía e o pequeno comercio, por eso tamén nos comprometemos a actualizar o Plan de protección do casco histórico, para facilitar e promover a apertura de baixos comerciais, unha medida que axudará sen dúbida a crear emprego na vila”. Por último, Insua recalcou que “apoiar a asociación de empresarios e comerciantes é apostar polo futuro de Corcubión. Nós estaremos sempre ao seu lado”

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios