![proceso adiante bng corcubion]()
O vindeiro sábado, 16 de abril, ás 17 horas terá lugar no local comarcal do BNG - situado na avenida Simón Tomé Santos de
Corcubión - o
Proceso Adiante do BNG co fin de que a cidadanía en xeral, e a mocidade en particular, participe no proceso de refundacióndo partido.
Mazaricos acollerá o domingo 17 de abril, de 12 a 13 horas, este encontro.
O obxectivo do Proceso Adiante é relanzar o proxecto nacionalista para, no prazo máximo dun ano, poñer a punto o proxecto político con tres grandes obxectivos. "O primeiro, actualizar o discurso do bloque nun momento en que consideramos que o nacionalismo é máis necesario que nunca"; indica
a portavoz nacional Ana Pontón que xa visitou a Costa da Morte en dúas ocasións desde que firmou o seu cargo.
"O segundo obxectivo do Proceso Adiante é recuperar o pulso social e electoral para que o BNG sexa peza clave na derrota do PP e, en terceiro lugar, ensanchar a base social do nacionalismo", asegura a líder nacionalista.
“O Proceso Adiante determinará que aspectos temos que corrixir e mellorar para ofrecer ao conxunto da sociedade galega un proxecto nacionalista renovado, reforzado que aspire absolutamente a todo”, salientou Rubén Cela en nome da Executiva nacional, un proceso participativo e transparente ao que tamén se incorporen “homes e mulleres que sen militar no BNG comparten que Galiza precisa un proxecto nacionalista forte”.
“Queremos dar cabida a todas as persoas que se sintan nacionalistas ou crean que Galiza precisa forzas políticas propias para plantar cara aos desafíos que temos e superar a crise na que levamos moito tempo”, explicaba Pontón.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- BNG