Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Entroido comezou polos coles

O Entroido comezou polos coles
Entroido dos coles de Carnota-Foto-Jorge Parri Hermanager Humor dá a benvida ao Entroido

Xa estamos de cheo no Entroido 2014. Tendes todas as citas na AxendaCostadaMorte, pero temos que empezar o repaso por ese venres de entroido nos coles da volta. E comezamos por Carnota, onde o colexio carnotán sacou á rúa aos peques para facer un desfile pola vila, como se facía antano. Pais e mestres disfrutaron se cadra máis que eles.

Entroido en Carnota-Foto-Jorge Parri O Entroido do Eugenio Lopez na Alameda deCee-Foto-Dani Oca

Os que tamén foron á rúa, pero en Cee, foron os cativos do CEIP Eugenio López, con carga reivindicativa e todo en clave de saúde. E mais os do CEIP Mar de Fóra de Fisterra, que tamén fixeron as delicias de todos os pais.

Entroido reivindicativo no Eugenio Lopez-Foo-Rafa Quintans Xoaninas de Fisterra pola rua-Foto-Mari Carcote Traba

E ollo ca comparsa do alumnado do Colexio de Brens que actuou o pasado xoves pola tarde en Brens, cantaron coplas e bailaron... e o venres tiveron Gran Baile de Disfraces con merendola… Como o pasaron.

Entroido-no-Cole-de-Brens

En Corcubión escolleron o Pavillón para representar as súas obras de teatro, en clave de romanos.

Unha de romanos en Corcubion-Foto-Marta Coronilla

Así van sendo as citas, se ben apuntamos que este luns, 3 de marzo ás 16,30h, a Asociación Pro Enfermos Mentales (APEM) ten na localidade de Cee, a entrega dos Premios Cinematográficos APEM, coa colaboración de membros da Asociación Xuvenil, Ecolóxica e Deportiva Cherinkas. Seguro que o pasan de medo con estes bravos vimianceses.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios