Venres. 17.05.2024
El tiempo

O Foro do Novo Socialismo Galego achegouse á Costa para amosar a súa renovación

O Foro do Novo Socialismo Galego achegouse á Costa para amosar a súa renovación
Foro do Novo Socialismo Galego en Corcubion

Doble visita dos representantes do Foro Novo Socialismo Galego na Costa da Morte. O voceiro nacional de NSG, Iván Puentes, achegábase co seu equipo a Carballo e Corcubión para manter sendas xuntanzas coa militancia de Bergantiños e da Costa da Morte.
E aproveitou para amosar as súas renovadas liñas de pensamento, reivindicando, por exemplo, elaboración dunha nova lei electoral galega que permita concibir Galicia como unha circunscrición única, facendo valer para ese fin o principio de “unha persoa, un voto”. “A lexislación debe garantir que o voto dun veciño de Fisterra sexa igual que o dun cidadán do Carballiño”, afirmou.
Tamén apostou por introducir o modelo de listas desbloqueadas para posibilitar unha maior participación por parte da cidadanía e unha maior calidade democrática.
E falaron tamén en clave dunha autonomía nun "marco federal", unha idea tamén novedosa con respecto ao posición do PSdG.

A primeira das xuntanzas, coa militancia de Bergantiños, tivo lugar o pasado venres na sede socialista de Carballo, onde o voceiro nacional de NSG, Iván Puentes, estivo acompañado, entre outros, pola secretaria xeral dos socialistas carballeses e máxima responsable das Xuventudes Socialistas de Galicia, María Torres; e pola secretaria xeral de Cerceda e ex deputada autonómica, Silvia Fraga.
A segunda reunión levouse a cabo en Corcubión, coa militancia da Costa Atlántica, e coa presenza, entre outros, do secretario local dos socialistas da vila, José Antonio Louro; e do secretario comarcal, Jesús Campos.

Nestes encontros, Puentes destacou “a gran valía de compañeiros e compañeiras destas comarcas como Pepe Louro, Margot Lamela, Pepe Marcote, María Torres ou Silvia Fraga, que combinan capacidade, coñecemento, frescura e certa experiencia”.

Foro do Novo Socialismo Galego en Carballo

"Rexeneración do partido"

"En aras da recuperación da confianza cidadá, o Foro Novo Socialismo Galego considera imprescindible mirar primeiro cara dentro e suxire afrontar un debate orgánico en profundidade e sen medos de ningún tipo, rachar co actual modelo xerárquico e centralizado, dada a súa constatada ineficacia; e renovar por completo o modelo organizativo e a dirección", aseguran. E engadiu: “É imprescindible abrir unha etapa diferente dentro do PSdeG, conformar unha dirección renovada, con novas ideas pero tamén con novas persoas, formadas e capaces”.

Novas relacionadas

Fonte

  • NSG.

Comentarios