mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Mercado Medieval de Corcubión moderniza o Desembarco

O Mercado Medieval de Corcubión moderniza o Desembarco
Mercado Medieval Costa da Morte de Corcubion 2013

Xa está en marcha o XIII Mercado Medieval Costa da Morte de Corcubión. A cita medieval por excelencia da bisbarra, que cada mes de xullo leva a vila de San Marcos nunha auténtico viaxe ao pasado. Este ano, a festa será os días 19, 20 e 21 de xullo de 2013 (coindicindo, por certo, co novo Mercado Medieval Mariñeiro de Camariñas...), e coma sempre, teremos un pouco de todo, dende artesanía, ata todo tipo de demostracións e actuacións, moita gastronomía... e o prato forte, a representación teatral.

Unha representación que tivo anos nos que xuntou a medio pobo corcubionés, entregado como protagonistas, e que consistía no Desembarco das Tropas do Arzebispo Rodrigo de Luna na baia corcubionesa, e a consecuente loita co bravo pobo local, comandado por un heroe labrego, Gomes de Rioboo. Este ano a representación pega unha volta. Precisamente o Mercado comeza onde finalizaba o Desembarco, coa retirada do cadaleito do heroe local.

Así, a noite do venres, e como apertura do Mercado, unha gran comitiva de veciños partirá dende a entrada de Corcubión con soldados do Conde de Altamira a cabalo, con carrozas, músicos, malabaristas... E traen presos aos soldados do Arzebispo Rodrigo de Luna, que non puideron escapar das garras do exército cando estaba de volta, pois o ataque das tropas do Arzebispo chegou por sorpresa cando o exército defensor non estaba protexendo a vila.
Ao chegar á praza da vila, Dona Xoana de Castro, casada con Don Rodrigo de Moscoso, señor de Altamira, recibirá o cadaleito de Gomes de Rioboo que perdeu a vida loitando pola liberdade da nobre vila de Corcubión

Postos de artesanía

Xa está a empresa Fusión Medieval organizando o case centenar de postos que encherán as rúas de vida. Pero a xente da zona que estea interesada en participar e colocar un posto, tense que poñer en contacto coa organización canto antes, a través do correo info@mercadomedieval.info.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios