Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O PP corcubionés solicita un maior coidado dos espazos públicos

O PP corcubionés solicita un maior coidado dos espazos públicos
A portavoz do PP de Corcubión, Gema Freire, ante o que entende por "mal estado dos viarios e dos espazos públicos", insta ao actual alcalde a que "implemente un Plan Integral de Mellora e de Mantemento", co fin de que "se emenden os danos en beirarrúas, así como tamén que leve a cabo a limpeza de beiravías e de viarias". Neste sentido, a representante popular informa de que no último pleno municipal o Partido Popular presentou un rogo no que se instaba ao goberno local a elaborar unha listaxe das deficiencias presentes no municipio, co fin de que se actúe canto antes. O grupo vén denunciando unha serie de danos no municipio, tales como "beirarrúas en mal estado na Avenida da Constitución, escaleiras sen a varanda de protección en Quenxe, así como tamén pragas de pulgas, colectores a rebordar e sucios, abundancia de excrementos de animais nas rúas, vertedoiros incontrolados". Por todo iso, a portavoz popular esixe ao actual alcalde que tome medidas e que reaccione, "porque é inadmisible que permaneza pasivo ante as denuncias dos veciños e da propia oposición".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP de Corcubión.

Comentarios