Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O PP de Corcubión sae en defensa da Neria

O PP de Corcubión sae en defensa da Neria

Sae hoxe o PP de Corcubión en defensa da Asociación Neria, esixíndolle ao alcalde Francisco Lema que abone os 51.000 euros que debe á entidade supramunicipal. Uns atrasos que corresponden ao impago de cotas anuais e achegas por outras actividades, e que colocan ao concello corcubionés como o que máis lle debe á entidade.

Se ben, o PP pregúntase "como fará o alcalde, Francisco Lema, para abonar esta cantidade, despois de que o goberno local non consignase nos orzamentos deste ano unha cantidade para facer fronte a estes atrasos".

O caso é que o Concello de Corcubión xa non pertence á Neria desde novembro de 2012, cando o pleno municipal aprobou a saída de entidade cos votos a favor do PSOE, a abstención do BNG e os votos en contra do PP.

A portavoz dos populares, Gema Freire, cargou contra o regidor por practicar o que cualificou de "política de borrón e conta nova", un xeito de gobernar que, para Freire, "non é máis que unha irresponsabilidad" cando se está á fronte dunha administración pública.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP de Corcubión.

Comentarios