O solar do Cine Vello de Corcubión non poderá acoller un edificio

09:07 21/12/10
Semella que unha nova urbanización seguirrá inundando Quenxe de cemento. Pero a zona que libra dunha nova edicificación é o solar do Cine Vello corcubionés, en plena Praza de Castelao. Poderá así o concello prantexar unha necesaria remodelación integral da praza contando con este solar.
Así o ratificaba o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia esta pasada semana, anulando a licencia de edificabilidade que solicitara a familia propietaria. E iso que o ano pasado o Xulgado de Corcubión dese a razón a familia ante a suspensión de licencia solicitada polo Concello.
Con todo, aínda quedan varios procesos abertos. O Concello segue preparando o Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI), a través do cal quere facer unha modificación da ficha urbanística.
6 días que marcan a legalidade
Curiosa é a situación. A familia propietaria presentara o proxecto de edificabilidade o 11 de abril de 2008, 6 días antes de que entrase en vigor a normativa pola cal o TSXG anulou a licencia. O xuiz sinala que os 3 meses de prazo cos que contaba o concello para presentar alegacións fai que a nova lei afecte o proxecto.Problemática histórica
Foi aló polos anos 80 cando cando o goberno do BNG asinara unha licencia pola cal devolvía a propiedade solar á familia se rematase a actividade de cine. Unha vez que o cine deixou de funcionar a familia solicitou unha licencia para construir. O Concello actual promoveu unha reforma da ficha urbanística. A Xunta, e o Ministerio aínda teñen a palabra. Agora agardamos que a intención do goberno corcubionés siga sendo a de integrar a parcela na praza como unha pequena zona verde, e o ano pasado apuntaban que tamén se construiría un pequeno edificio que albergaría unha sala de exposicións.Novas relacionadas
- A Xunta une Cee e Corcubión coas novas Directrices urbanísticas para frear a dispersión>.
- A nova urbanización de Quenxe segue en marcha.
- 11-02-09: O BNG propón reubicar o mercado no antigo cine de Corcubión.
- 03-02-09: Novo paso para a recuperación da parcela do cine vello de Corcubión.
- 29-01-09: O concello de Corcubión inicia os trámites para recuperar o solar do cine vello.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- La Voz de Galicia: EL TSXG confirma la nulidad de la licencia del cine de Corcubión.
- La Voz de Galicia: El solar del cine de Corcubión está pendiente de otros tres contenciosos.