O vindeiro xoves será o de Comadres
Outra das citas máis peculiares do entroido costeiro é o Xoves de Comadre. Pero a verdade é que só temos constancia do de Corcubión, onde non sabemos se volverán as míticas comparsas pero si que sairán as comadres a facelas risas por toda a vila.
Así, a comisión da muller do BNG de Corcubión organiza por 7º ano consecutivo o “Xoves de Comadres” que se celebrará o vindeiro xoves 27 de Febreiro. Este acto reivindicativo-festivo trata de recuperar a tradicional festa de comadres onde as mulleres xúntanse nunha cea para compartir velada.
Este ano a cea será no bar “O Carrumeiro” de Corcubión, o menú será o típico de Antroido, o prezo é de 14€. Será imprescindible acudir co traxe de comadre que ten coma pezas fundamentais o mantelo, pano de cabeza e toquilla ou mantón.
A diversión está garantida, as comadres xuntaránse ás 9 na Praza de Castelao para despóis dirixirse ao Carrumeiro para cear.
A comisión da muller do BNG de Corcubión invita a participar desta festa a tódalas mulleres que teñan ganas de pasar unha noite divertida.
Entroidos na Costa da Morte
- Volverán as míticas comparsas ao Entroido de Corcubión?.
- Cee prepara un Entroido de Comparsas e Carrozas.
- 15 asociacións montan un mes de Antroido de Malpica.
- O Rei do entroido da Costa da Morte xa ten 5 comparsas e pregoeiro.
- Zas e Mazaricos preparan o seu Entroido.
- #DumbríaéEntroido.
- Os Pinchos e o Enterro do Percebe volven protagonizar o Entroido de Muxía.
- Vimianzo recupera o seu entroido dominical.
- Laxe e Cabana xa preparan o seu Entroido veciñal.
- O Pindo terá un Entroido de Western.
- Un Entroido para unir e divertir en Cerqueda.
- O Entroido de Fisterra 2014 xa ten cartel.
Máis novas
Fonte
- BNG de Corcubión.