Domingo. 22.09.2019
El tiempo

15 asociacións montan un mes de Antroido de Malpica

15 asociacións montan un mes de Antroido de Malpica
Antroido de Malpica 2014

Sehai un persoeiro a destacar no entroido costeiro, ese sen dúbida, sería a Mikaela. Protagonista dun auténtico via crucis de bares, a brava da Mikaela volve cada ano a ser a raíña da festa da pequena vila de Buño. Pero non podemos esquecer aos seus sobriños, o Farruco de Seaia e o Faustino de Malpica, que crean unha verdadeira tradición dos Enterros nos Entroidos na Costa da Morte.

Todo, nun Concello como Malpica, onde son 15 as asociacións que participan activamente na organización das festas do Antroido.

E as nomeamos unha a unha, claro que si. Aí están as Asociación Cultural Malante, ANPA Ventorrillo, Asociación de Redeiras Mar da Illa, Asociación Cultural Carcaxía, A.C.D. San Xulián, A.V.C.S. O Brizo, Asociación Cultural Raigañas, Asociación de Amigos da Mikaela, Asociación de Apoio a 3º Idade Os Paxariños, A.V.S. Río dos Píos, Asociación de Veciños Monte D´arxa, Comisión de Festas de Cerqueda, Asociación Cabalar Os Veteranos, A. VV. de Leiloio e tamén, como non, os pubs de Malpica.

Un mes de actividades

Xa o pasado sábado arrincaron as actividades coa cea-baile da Mikaela, e ata o 15 de marzo, en Leiloio, non rematarán. Festas infantís, xornadas gastronómicas, concursos de disfraces, música e inchables son algunhas das propostas que encherán de contido as celebracións, nas que destacan especialmente o Concurso de Comparsas do Antroido de Malpica, o domingo 2 de marzo; A Mikaela de Buño, o sábado 8; o percorrido dos Madamitos e Ghuardineros de Cerqueda, o Enterro do Farruco en Seaia e o Enterro do Faustino en Malpica, que completarán, o domingo 9, unha fin de semana de referencia na Costa da Morte.

O programa do Antroido de Malpica 2014

Sábado día 22 de febreiro

  • En Cerqueda Gran Cocido – Baile no Restaurante Canta la Rana. Organizan: Asociación Cultural Raigañas, Asociación de Veciños Monte D´Arxa, Comisión de Festas de Cerqueda e Asociación Cabalar Os Veteranos. Prezo: Adultos 28,00 €, nenos/as (6-12) 10,00 € e menores de 6 anos de balde. Inscricións: Supermercado Ordoñez (Sara) ou nos telf.: 616 159 721 - 981 753 985.

Xoves día 27 de febreiro (Xoves de Antroido)

  • En Malpica: Antroido na Ludoteca Infantil: Festa infantil de 17.00 h. a 18.30 h. (só rapaces/zas da Ludoteca)

Venres día 28 de febreiro (Venres de Antroido)

  • En Malpica:
    - Antroido na Ludoteca: Pasarrúas da Ludoteca Infantil e o CEIP Milladoiro, a partir das 10.00 h.
    - Concurso de Disfraces de Antroido, a partir das 24.00 horas polos pubs da vila. Lacóns e chourizos para os mellores disfraces. As persoas participantes deberán percorrer todos os locais organizadores, onde se puntuará cada disfraz. Gañarán as que acaden maior puntuación. Organizan os pubs: Jofra, Submarino, Leño, Brebaxe, Cornecho, O Patio e Prisma.

Sábado día 1 de marzo (Sábado de Antroido)

  • En Cerqueda: Festa de Disfraces Infantil (con xogos, premios e chocolatada) das 16.00 h. ás 18.00 h. no Centro Sociocultural das Pozacas. Organiza: A.C. Raigañas.
  • En Seaia: Festa de Disfraces Infantil con inchables a partir das 16.30 h. na Casa da Cultura de Seaia. Colabora: A.C. Carcaxía.
  • En Malpica: Concurso de Disfraces de Antroido, a partir das 24.00 horas polos pubs da vila. Premios en metálico para os mellores disfraces: 1º Premio 250,00 €, 2º Premio 150,00 € e 3º Premio 100,00 €. As persoas participantes deberán percorrer todos os locais organizadores onde se puntuará cada disfraz. Gañarán as que acaden maior puntuación. Organizan Pubs: Jofra, Submarino, Leño, Brebaxe, Cornecho, O Patio e Prisma.

Domingo día 2 de marzo (Domingo de Antroido)

  • En Malpica:
    - Desfile de Disfraces Infantil, Percorrerá a vila saíndo do Centro Cívico ás 17.00 h. e rematando na Praza Villar Amigo. Organiza: Asociación Cultural Malante.
    - Actuación da Charanga Ruada polas rúas da vila, a partir das 17.30 horas.
    - Nos pubs, degustación de Orellas do pincho e outros doces do Antroido a partir das 17.00 h. Organizan pubs: Jofra, Submarino, Leño, Brebaxe, Cornecho, O Patio e Prisma.
    - Concurso de Comparsas do Antroido polas principais rúas da vila de Malpica a partir das 17.30 horas. Cestas de Antroido para as mellores comparsas. Entrega de premios a partir das 19.30 horas na Praza Villar Amigo.
    - Concurso de Piñatas do Antroido na Praza Villar Amigo a partir das 18.30 horas. Entrega de Premios ás 19.00 horas. Colaboran: A. C. Malante e ANPA Ventorrillo.
    - Baile de Disfraces de Maiores a partir das 20.00 h. no Auditorio do Centro Cívico amenizado con música en directo a cargo do Dúo Togallán. Organiza: Concello de Malpica de Bergantiños. Colabora: Asociación de Apoio á 3º Idade “Os Paxariños”.

Luns 3 de marzo (Luns de Antroido)

  • En Mens: Festa de Disfraces Infantil con inchables, cine e degustación de productos gastronómicos do Antroido ás 16.00 h. no Centro Sociocultural de Mens. Colabora: A.V.S. Río dos Píos.

Martes 4 de marzo (Martes de Antroido)

  • En Malpica
    - Festa de Disfraces Infantil con inchables (rapaces/as ata 14 anos), no Pavillón Polideportivo de Malpica das 16.30 ás 20.00 horas. Colabora: ANPA Ventorrillo.
    -Concurso Gastronómico de Doces do Antroido, a partir das 16.30 h., no Pavillón Polideportivo de Malpica. Fallo do xurado e degustación ás 20.00 horas. Colaboran: Asoc. de Redeiras Mar da Illa e ANPA Ventorrillo. Inscrición: No Departamento de Educación e Cultura ou en calquera das entidades colaboradoras.

Sábado 8 de marzo (Sábado de Piñata)

  • En Buño: A Mikaela sairá ás 16.00 horas do Restaurante Canta la Rana percorrendo todos os bares e tabernas de Buño. Ás 22.00 h. queima da Mikaela e a partir das 23.00 h. actuación dunha gran orquestra no aparcamento do Restaurante Casa Elias. Organiza: Asociación de Amigos da Mikaela.

Domingo 9 marzo (Domingo de Piñata)

  • En Cerqueda: Percorrido da comitiva de Antroidos Madamitos e Ghuardineros pola parroquia de Cerqueda a partir das 15.00 h. Organiza: A.C. Raigañas.
  • En Vilanova: Festa de Disfraces Infantil con inchables e degustación de doces do Antroido a partir das 16.00 h. na Escola Unitaria de Beo. Colabora: A.V. C. S. O Brizo.
  • En Seaia:
    - Cocido do Farruco, para todos/as os/as participantes no Enterro do Farruco imprescindible asistir disfrazado. No Restaurante Esqueiro a partir das 14.30 h. Inscricións no propio restaurante ou no Super MM até o xoves 6 de marzo. Prezo: 5.00 €. Organiza: A.C.D. San Xulian.
    -Enterro do Farruco, sairá en procesión ás 17.00 horas do Restaurante O Esqueiro percorrendo as rúas de Seaia. Organiza: A.C.D. San Xulián.
  • En Malpica:
    -Actuación da Charanga Ruada polas rúas da vila, a partir das 17.30 horas.
    -Enterro do Faustino, que sairá do Centro Cívico ás 17.30 horas para percorrer as rúas da vila. Organiza: Asociación de Redeiras Mar da Illa.

Sábado 15 de marzo

  • En Leiloio:
    - Festa infantil con inchables a partir das 17.00 h. na Casa dos Veciños de Leiloio. Colabora: Asociación de Veciños de Leiloio.
    - Desfile de disfraces infantil e de adultos a partir das 20.30 h. seguido do Concurso de Doces para rematar coa actuación do Dj Sebas. Organiza: Asociación de Veciños de Leiloio.

Novas relacionadas

Entroidos na Costa da Morte

Máis novas

Fonte

Comentarios