Mércores. 17.04.2024
El tiempo

Os Pinchos e o Enterro do Percebe volven protagonizar o Entroido de Muxía

Os Pinchos e o Enterro do Percebe volven protagonizar o Entroido de Muxía

A proposta do curso pasado saíu ben, e o Concello de Muxía preparou un programa completísmo para este Entroido 2014. Serán dúas fins de semana de Ruta dos Pinchos, seguindo con esta aposta pola gastronomía, contando con 17 establecimentos da vila. Ademais, o enterro do Percebe, será a outra gran cita, collendo sona pouco a pouco para entrar na tradición dos Enterros de Entroidos na Costa da Morte.

O sábado 1 de marzo arrinca a Ruta dos Pinchos (abertos de 13:00h a 15:30h), que dará paso á Gran Festa de Entroido nunha carpa do malecón con inchables, xogos tradicionais, filloas e orellas, o concurso de disfraces e a partir das 22:00h, actuación do grupo Alaska.
O domingo tamén será tempo de pinchos.

Para o martes de entroido, 4 de marzo, o Concello prepara un Obradoiro de doces e pratos típicos de entroido, ás 17:00h no Edificio de Servizos Mültiples.

E xa o sábado 8, volven os pinchos, e volve o Enterro do Percebe. Ás 19:00h arrinca dende propio Edificio de Servizos Múltiples a comitiva fúnebre pola vila para proceder á queima na rambleta, acompañada dunha gran chocolatada e a actuación dos Xaramiños do Corpiño.

Entroido de Muxia 2014

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios