O Rei do entroido da Costa da Morte xa ten 5 comparsas e pregoeiro



A algo máis dunha semana para que remate o prazo de inscrición das comparsas ao entroido fisterrán, xa son 5 as comparsas anotadas a día de hoxe, Los niños de Coro de Finisterre, Tortugas y peces tamén da vila, Avaticando o vaticano de Lires, A asociación de veciños de Gures e coma non Buxantes Calidade.
Ademais xa temos pregoeiro. O pregón este ano estará amenizado pola compañía de animación Duendesico e o pregoneiro escollido debido ó humor, simpatía que caracteriza ó entroido fisterrán, é Isi Rodríguez, un dos humoristas máis queridos e coñecidos en Galicia.
De seguro que Isi chegará tanto ó público fisterrán coma os visitantes grazas á súa simpatía e cercanía, que lle axudan a converter en éxito calquera festa.
O Concello repartirá preto de 5.000 euros entre o concurso infantil e o concurso de comparsas.
A novidade este ano e o aumento dos premios no concurso infantil xa que dentro das tres categorías existentes, individual, parellas e grupo establécese un segundo premio en cada unha delas.
O concurso infantil o cal se celebrará o domingo 2, establece nas súas bases que os nenos anotaránse o mesmo día de 16:30 horas a 17:15, non podendo anotarse ninguén máis a partir desa hora.
Sen embargo o concurso de comparsas ten de prazo ata o luns 24 de febreiro ás 14:30 horas.
Só quedan pois, dúas semanas para saber quen é a comparsa gañadora e o Rei e Raiña do entroido 2014. As comparsas están obrigadas a participar o sábado día 1 no desfile e pregón no que poden participar ademáis os nen@s que se presenten o domingo na categoría de grupos do concurso infantil.
O Concello quer recalcar que no caso de mal tempo realizaránse todos os concursos e desfile no pavillón municipal.
Novas relacionadas
- O Entroido de Fisterra 2014 xa ten cartel.
- Xa arrencende á copla do Entroido fisterrán.
- A Semana Santa de Fisterra 2014 xa ten cartel.
- Entroido Fisterra 2013: A copla sobrevive no Entroido de Fisterra.
- Entroido Fisterra 2012: Un impresionante entroido ácedo e indignado en Fisterra.
- Entroido Fisterra 2011: “Un Entroido que vale un Imperio”.
- Entroido Fisterra 2010: Fisterra, Único Final do Entroido.
- Entroido Fisterra 2009: Fisterra decide os Oscars da Costa da Morte.
- Entroido Fisterra 2008: Puro teatro!.
Entroidos na Costa da Morte
- Zas e Mazaricos preparan o seu Entroido.
- #DumbríaéEntroido.
- Os Pinchos e o Enterro do Percebe volven protagonizar o Entroido de Muxía.
- Vimianzo recupera o seu entroido dominical.
- Laxe e Cabana xa preparan o seu Entroido veciñal.
- O Pindo terá un Entroido de Western.
- Un Entroido para unir e divertir en Cerqueda.
- O Entroido de Fisterra 2014 xa ten cartel.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).