Zas e Mazaricos preparan o seu Entroido

08:28 17/02/14
Xa fumos repasando Entroidos e hoxe tócanos ir a Mazaricos e Zas.
Entroido en Zas

Obradoiros, baile-concurso, e o Tren do entorido serán, xunto das orellas, os protagonistas do Entroido de Zas neste 2014. Con actividades dende o xoves 27 de febreiro e ata o martes de entroido, o 4 de marzo, os veciños de Zas non pararán.
Domingo de Entroido en Mazaricos

Xa foi presentada a programación do entroido 2014 en Mazaricos, con festival de disfraces nas modalidades de individual (artesanais e comerciais), parellas e comparsas e cine. Todo, na gran festa do domingo 2 de marzo a partir das 16:00h no Auditorio da Casa da Cultuyra da Picota.
Pero ademais, par ao luns 3 de marzo, cine co Capitán América na Casa da Cultura.
Novas relacionadas
- #DumbríaéEntroido.
- Os Pinchos e o Enterro do Percebe volven protagonizar o Entroido de Muxía.
- Vimianzo recupera o seu entroido dominical.
- Laxe e Cabana xa preparan o seu Entroido veciñal.
- O Pindo terá un Entroido de Western.
- Un Entroido para unir e divertir en Cerqueda.
- O Entroido de Fisterra 2014 xa ten cartel.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).