#DumbríaéEntroido


A cousa vai de entroidos xa, e o Departamento de Cultura do Concello de Dumbría xa nos amosou o seu cartel. Un Entroido que se está a perfilar nos últimos anos como unha das grandes alternativas ao entroido fisterrán, e que este ano coincidirá, entre outros, co de Vimianzo.
Un ano máis, as protagonistas serán as Cantareiras de Ardebullo, as Nucha e Mucha de sempre. Xa o ano pasado encheron de risas a festa, e tanto gustaron que volven ao Conco.
Ademais, o Concurso de Comparsas preséntase tamén tremendamente competido, e os 1800€ de premios así o corroboran, se ben todas as participantes levarán un premio de 150€ asegurados. A gran cita, será o domingo 2 de marzo, a partir das 17:00h dende a praza do Concello, para despois proceder á actuación das comparsas, e rematar coas Cantareiras.
Inscricións
Xa poden formalizar a inscrición da comparsa nas oficinas municipais ou no 981 744 001 con anterioridade ás 15 horas do 27 de febreiro de 2013.
Novas relacionadas
- Entroido Dumbría 2013: As Cantareiras de Ardebullo encheron de risas o Entroido de Dumbría.
- Vimianzo recupera o seu entroido dominical.
- Laxe e Cabana xa preparan o seu Entroido veciñal.
- O Pindo terá un Entroido de Western.
- Un Entroido para unir e divertir en Cerqueda.
- O Entroido de Fisterra 2014 xa ten cartel.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Departamento de Cultura do Concello de Dumbría.