Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A oposición pide o mantemento da Casa da Cultura e a rehabilitación da Agra da Ribeira

Mal estado da Casa da Cultura de Corcubion
Mal estado da Casa da Cultura de Corcubión
A oposición pide o mantemento da Casa da Cultura e a rehabilitación da Agra da Ribeira

Volven saír ao oposición para pedir acción ao goberno municipal de Corcubión. Os grupos do BNG e de Sempre Corcubión alzan a voz ante dúas situacións preocupantes.

Por un lado, o grupo Sempre Corcubión denuncia “o estado de deixamento no que se encontra a Casa da Cultura Plácido Castro del Río, e solicita a redacción dun plan de obras para o inmoble cara levar a cabo cantas reformas sexan precisas en prol de subsanar o deteriorado estado no que se encontra”.

Humidades, pingueiras… “graves deficiencias non son puntuais senon que é un claro síntoma de desleixo do goberno do PSOE durante máis dunha década”.

Casa da Cultura de Corcubion

Agra da Ribeira

Un dos barrios máis esquecidos da vila corcubionesa é o das “casas baratas”. De aí, e despois de escoitar as demandas dos veciños, que o BNG propoña incluír no POS 2021 o adecentamento do barrio Agra da Ribeira, “porque o estado no que se atopa a praza é lamentable”.

”O esquecemento da praza por parte do goberno local é absoluto, pois non se puxo un peso dende hai moitos anos. As beirarrúas están en mal estado, as prazas de aparcamento son escasas, e os equipamentos urbanos hai que actualizalos. A isto hai que sumarlle o problema coa estación de bombeo, que cando se avaría, verte ao mar directamente dende hai máis de 10 anos, polo que os concelleiros van solicitar tamén a emisión dun informe para avaliar os problemas existentes e as diferentes alternativas para solucionalos.”

Comentarios