Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os Concellos de Corcubión e Malpica achegan auga corrente a unha aldea de Cabo Verde

Os Concellos de Corcubión e Malpica achegan auga corrente a unha aldea de Cabo Verde
O Concello de Corcubión, na súa calidade de membro do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, participa en diferentes accións de cooperación ao desenvolvemento. Ao igual que fixera estes pasados meses o Concello de Malpica, o Concello corcubionés aportará fondos para que medio centenar de familias da localidade de Baleia, no municipio caboverdiano de Brava, dispoñan xa de agua corrente. Todo, grazas ao proxecto cofinanciado no 2010 por este Fondo, unha iniciativa que repercutirá directamente na mellora da calidade de vida desta poboación, á vez que lles axudará a saír da precariedade mediante a actividade agropecuaria, tradicional na zona mais dificultada pola carestía de agua. En total, este Fondo no que participa o Concello de Corcubión dedicou 6.840 euros para a extensión da rede de abastecemento e a súa conexión aos domicilios. Os 230 habitantes da pequena localidade de Baleia beneficiáronse desta acción, moi en especial as mulleres e as nenas, que eran as encargadas tradicionais de transportar a agua desde a fonte onde se vendía, o que lles permitirá agora dedicar este tempo a outras tarefas máis produtivas ou á educación.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Corcubión.

Comentarios