mércores. 21.05.2025
El tiempo

Piden ao Concello tomar medidas para rehabilitar, ou evitar accidentes, nun mítico edificio abandonado do centro da vila

Casa de Rosina abandonada en Corcubion
Piden ao Concello tomar medidas para rehabilitar, ou evitar accidentes, nun mítico edificio abandonado do centro da vila

A coñecida como Casa de Rosina, pegada á Taberna O Ribeiro, e en plena Avenida da Constitución de Corcubión, leva décadas en absoluto estado ruinoso e de total abandono. Ademais da perda patrimonial dun edificio tan bonito, o seu estado xa está a conlevar "un risco evidente que pon en perigo a integridade física dos viandantes que camiñan pola beirarrúa".

Así o entende o grupo Sempre Corcubión, que describe o escenario do seguinte xeito: "fiestras rotas a piques de caer ao chan, cristais na rúa, estrutura na que fácilmente poden soltarse cascallos ou elementos inestables cos temporais do inverno; suciedade interior e exterior..." "É necesario proceder a limpeza, retirar elementos da galería e garantir a seguridade das persoas", esixen dende o grupo, que piden ao grupo de goberno que "se tomen as medidas que estimen oportunas para salvagardar a seguridade da cidadanía".

Comentarios