Piden a eliminación dos sinais do Museo Seo de Corcubión
O esquecemento do Museo Seo de Corcubión é unha verdade mágoa. Un espazo que podería ser referencia en materia de recursos patrimoniais mariñeiros, pero que ninguén quixo revivir. Pero peor é seguir anunciando un museo morto.
De aí que o grupo municipal Sempre Corcubión solicita que se retire a sinalización a pé de estrada do Museo, así como a publicidade do mesmo na propia páxina web do concello, xa que leva ao engano aos visitantes que acoden á vila coa promesa de poder disfrutar dunhas exposicións e instalacións que xa levan anos pechadas.
A pesar de ser un edificio de titularidade privada, ata o 2.018 a súa administración foi mancomunada coa Deputación, e dende o pasado mes de xuño, a sociedade que o administraba encóntrase en peche provisional, polo que se ve difícil que volva reabrir nun futuro recente.