Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Pola recuperación do mural de Villar Chao no ruinoso Hotel Hórreo

Pola recuperación do mural de Villar Chao no ruinoso Hotel Hórreo
Mural de Villar Chao no Horreo de Corcubion Mural de Villar Chao que esmorece no abandonado Hotel El Hórreo de Corcubión

Interesante a proposta de recuperación dende a veciñanza de Corcubión. A veciñanza quere recuperar un mural ao fresco do artista galego Villar Chao, pintado no ano 1965 no hoxe ruinoso Hotel “O Hórreo” de Corcubión. Co abandono actual de todo edificio, de seguro que o mural estase deteriorando. “Poderíase facer algo para evitar a súa perda?”, pregúntase Jano Lamas, un dos veciños máis comprometidos co patrimonio cultural corcubionés.

Saltou a chispa a través das redes sociais, cando Tino Mouzo, fillo da familia dos antigos donos do Hotel El Hórreo de Corcuibión, subía ao activo grupo de Facebook “Fillos de San Marcos”. Jano de contado preocupouse polo asunto, recoñecendo que “aquí sempre se considerou unha grande obra de arte”. A remóntase aos anos 60 cando Villar chao veu a pasar unha temporada a Corcubión invitado polos antigo donos do aínda Motel, os Mouzo. A pintura, pintada no edificio do antigo Hotel (o que se atopa subindo polas escaleiras laterais) serviu para pagar a estancia e a bebida.
”Era xa un pintor de relevancia, coñecido como “O pintor dos nenos”, e de feito conta cunha rúa ao seu nome da Coruña. É contemporáneo de María Cagiao, especialista en flores, que tamén tiña numerosos cadros decorando o Hotel no seu día”.

Foto da creacion do Mural de Villar Chao no Horreo de Corcubion Foto da creacion do Mural de Villar Chao no Horreo de Corcubión

A día de hoxe o hotel está abandonado, caendo a pedazos. Os Mouzo venderon o Motel no seu día, que reabriu durante uns anos a comezos de década por unha entidade que se declarou en quebra, quedando en mans dun banco. O Banco tirou os bungalows e mesmo chegou a anunciar, en 2011 a futura construción dunha urbanización en 2011, que quedou no esquecemento.

Por isto, Lamas insta ás administracións a que fagan algo para que non se perda. “Hoxe, cas técnicas que hai se podería salvar e levar a outro edificio como a Casa da Cultura ou o Cárcere Vello, como se fixo co Lugrís que se salvou dunha cafetería na Coruña. Mesmo se podería o tabique enteiro. Só fai falta vontade de coidar o noso patrimonio”, apunta. “Calquera día chegan unhas palas e tiran para todo”, avisa.

Por iso, quere azuzar aos organismos competentes (ben sexa Patrimonio, o Banco propietario ou se o Concello de Corcubión” que se teñen un mínimo de sensibilidade, que se movan. O caso é que primeiramente ten que existir unha denuncia pública. “Debería estar aí Patrimonio se hai unha denuncia pública, deixa morrer”. Podería estar aí o Concelo para facer esa denuncia e instar a Patrimonio da Xunta a abrir un expediente para salvar o mural.

Veremos se hai vontade e sensibilidade polo noso patrimonio.

Fonte

Comentarios