venres. 14.11.2025
El tiempo

Volven á rúa para denuncian a falta de cumprimento do "plan de paz" de Trump en Palestina

Concentracion de apoio a palestina en Corcubion
Volven á rúa para denuncian a falta de cumprimento do "plan de paz" de Trump en Palestina

Este xoves cumpriuse un mes da asinatura do chamado “plano de Paz” de Trump para a Palestina, que obrigaba a Israel a deter as agresións sobre a Faixa de Gaza e propuña que a zona pasase a ser “administrada” baixo un goberno tecnocrático. Neste mes, corroborouse que nin ese “plano de paz” nin os acordos coa Resistencia se están a cumprir. Pois seguen existindo sistemáticas violacións desa “paz” por parte de Israel, que reiniciou os bombardeos e continúa o bloqueo práctico da Faixa, e que seguiu deixando novas vítimas palestinas cada día.

Por iso, continúan as concentracións ao longo do país, convocadas pola Coordenadora Galega de Solidariedade coa Palestina, desenvolvidas en máis de 40 localidades de Galiza. Tamén a praza Castelao de Corcubión volveu a acoller unha concentración que foi apoiada polo BNG Costa da Morte.

Deuse lectura a un manifesto no que se denunciou que "o sionismo e o imperialismo non queren paz ningunha. O que lle interesa, en todo caso, é relaxar a presión sobre Israel e desviar o foco de atención". 

Lembren que esta tarde de venres hai unha charla con Mohamed Safa en Cee.

Comentarios