2ª Galicia: O Baio vence ao Xallas e o Malpica toma o mando no Cairo
Primeiro bache serio do Xallas tras sumar o seu segundo partido sen gañar. Despois do empate da semana en Mazaricos, o Baio foi quen de vencer en Fontenla, cun solitario gol de Cheti e superar ao cadro xalleiro na táboa. Os baieses quedan con 17 puntos, polos 16 do Xallas, moi preto dun Malpica que segue impresionante e que se facía co liderato tras vencer con rotundidade no Cairo.
Ás caladiñas colócase tamén aí o San Lorenzo, que tras sumar 5 vitorias nos últimos 6 partidos, xa empate co ata onde líder. Moi preto tamén desa cabeza de carreira, o Outes, que venceu a un sempre complicado Zas. Por abaixo, só o Cabana sumaba de 3, permitíndolle saír aos de Mingui do posto de pechacancelas, que ocupan agora Soneira e Mazaricos.
Moi aberta queda a táboa de goleadores tralas primeiras 8 xornadas, con 5 xogadores con 7 tantos (Javi Pérez do San Lorenzo, Bruno do Porteño, Bryan do Xallas, Keko do Outes e Salah do Zas) e un con 6 (Dani Jurjo do Muros).
Corme - Malpica (0-3)
- Corme: Quique, Pandi, Ruben Porteiro, Borja Torrado, Yago Suarez, Israel, Samu Costa, Brais Pailos, Aitor Pose, Joshua e Eloy. Tamén: Adrián Suárez, Teo, Lucas, Álvaro Sanz, Hugo Paredes, Lucas.
- Malpica: Abdou, Portero, Anxo Pose, Damián, Diego García, Chicha, Aday, Luís, Raúl Rama, Brais e Saydou. Tamén: Carrumba, Alberto Hombre, Mario Pose, Camilo.
- Goles: 0-1, m.36: Luís de penalti; 0-2, m.73: Damián de cabeza a centro de Brais; 0-3, m.83: Mario Pose.
Un clásico da Liga da Costa no Cairo que comezaba co recén ascendido, pero emponderado Malpica a favor de vento, buscando balóns ás costas da defensa cormelá. Protestaron os cormeláns un penalti sobre Luís que transformaría el mesmo para mandar aos de David Baña con vantaxe ao descanso. Tivo tamén Luís un man a man que salvou Quique, e tamén Corme tivo algunha para empatar antes do descanso,.
Seguía o mesmo guión na segunda, co Malpica un punto mellor, e con chegadas de Camilo ou Luís que obrigaban a Quique a aparecer. O Corme intentábao con máis corazón que cabeza, pero Damián facía o segundo e Mario Pose o terceiro, para poñer de líder aos seus.
Corcubión - Monte Louro (1-3)
- Corcubión: Bruno, Juan Fuentes, Isaac, Andrés Vigo, Jon, Rama, Iago, Luís Lojo, Martín, Mario Suárez. Tamén: Brais Lado, Alex Díaz, Juan de Elvita, Íker, David Lojo.
- Monte Louro: Pedro, Miguel Verán, Pablo Vidal, Manolo Chouza, Rodri, David Pais, Abel Rey, Héctor, Óscar Fari, Iker e Flavio. Tamén: Xián, Manu de Yi, ADri, Martín do Camarón e Javi.
- Goles: 1-0, m.18: Luís Lojo de falta; 1-1, m.29: Íker; 1-2, m.64: Héctor; 1-3, m.90: Óscar Fari.
Mal partido do Corcubión no Cubaleiro, nun choque frouxo que botou en falta un César Lojo que tivo un pinchazo no adestramento. Comezaba Luís Lojo abrindo o gol, pero pronto un regalo na saída do balón deixaba a Íker claro para empatar. Os de Ángel Ventanas e Isi, non estaban finos pero aínda así tiveron varias ocasións de Luís e de Rama que parou Pedro.
Saía mellor na segunda o cadro local, pero nunha contra Héctor facía o segundo para os de Bibi. Os cambios melloraron ao cadro loureán que fixo unha boa segunda metade. Foise para arriba con todo o cadro local, con Iago tamén arriba, pero o Louro soubo agardar o seu momento e sentenciar por medio de Óscar Fari.
Curiosa a situación do Louro, invictos como visitantes e cun só punto, dos 10, sumado no Agra da Filgueira.
Sofán B - Porteño (1-2)
- Sofán B: Eloy, Marcial, Asier, Diego Rodríguez, Iván Fernandez, Eloy, Daniel Calvete, Christian, Nacho Moreno, Adrián Vázquez e Isma Ramos. Tamén Raúl, David de Jesús, Mateo.
- Porteño: Mariolo, Rodr, Brais Mouzo, Darío, Álvaro, Alfredo Vazquez, Martin, Baba, Ivan Lema, Bruno, Carrabet. Tamén: Sandro, Yuyo, Pejo.
- Goles: 0-1, m.37: Bruno de penalti; 1-1, m.43: Isma Ramos de cabeza a unha falta de Nachete; 1-2, m.80: Bruno remata un córner.
Comezaba o filial dominando ante un Porteño en bloque baixo, que facía boa presión en medio campo e impedía que os carballeses afiase no último cuarto de campo. O Porteño, a balón parado facía dano, cun nun córner directo que saca Eloy, ou unha de Bruno que salva o meta local na liña de gol. Foi precisamente dun saque de banda longo cando Alfredo sofre un penalti que transforma o fisterrán Bruno.
Acaba a primeira co xusto empate dos locais noutra xogada a balón parado.
Non eran quen o cadro local de dominar o partido, e apretaron máis os visitantes, colgando moitos balóns directos na área local sobre todo durante os primeiros 15 minutos da segunda. Pero o cadro de Zalo íase estirando e tiveron dúas ocasións, nun doble remate de Isma e Adri, e un par de tiros de Cris que salvou Mariolo. Xa no treito final erro de veteranía permitía sacar un córner que remataría Bruno para facer o segundo, para darlle os puntos ao cadro de Mayor.
San Lorenzo - Mazaricos (4-2)
- San Lorenzo: Mario, Kuki, Alberto Campos, Pablo, Iago, Alex Taibo, Marcos Corral, Pereiro, Alex Vázquez, Javi Pérez e Pape. Tamén: Samu, Hugo Pensado, Damián.
- Mazaricos: Isma, Luís Mayán, Borja, Fran Pose, Sergio, Marquiños, Steven, Yeray, Marito,, Kevin e Molinos. Tamén: Yago Dosil, Alex Calvo, Álvaro, Alex Costa e Samu Blanco.
- Goles: 0-1, m.1: Steven nun córner; 1-1, m.40: Javi Pérez; 1-2, m.55: Sergio; 2-2, m.74: Marcos Corral; 3-2, m.74: Javi Pérez; 4-2, m.92: Javi Pérez.
Ata en dúas ocasións se puxeron por diante os de Raúl Periscal, pero aínda así, vese que este ano van ter que sufrir o cadro amarelo pola falta de veteranía. En fronte, un San Lorenzo que aos caladiños xa se vai colocando aí arriba. Comezaba o partido con gol nada máis comezar por parte de Steven. Comezaba so San Lorenzo a ter a posesión e impoñer o seu xogo, pero non e ata o minuto 40 no que Javi, que foi un pesadelo para a defensa rival, pon as táboas no marcador.
Na segunda metade volviase a adiantar o Mazaricos cun tanto de Sergio aos 10 minutos. Pero os de Iván Rojo non decaeron, e Corral poñía o empate no partido no minuto 75. Pouco despois nunha contra, Javi facía un auténtico golazo para culminar a remontada.
A pesar de que parecía que o San Lorenzo tiña por fin o partido controlado, a expulsión de Corral doulle un pouco de osíxeno ao cadro visitante, pero de novo aparecía Javi para anotar una falta no borde da área, sellar o seu tripletee deixar os tres puntos nas Pedreiras.
Zas - Outes (2-3)
- Zas: Pereiras, Marjane, Adri Rama, Fran, Alvaro Fariña, Ivan Redondo,, Mauro, Chiki, Juan Touriñán, Adrián Gonz. e Salah. Tamén: Anxo, Estefan e Dani Mato.
- Outes: Dani Gago, Claudino, Stefan, Kevin,, Martin Caamaño, Marcos, Alberto Bahamonde, Adrián Caamaño, Hugo Caamaño, Sanchiño e Keko. Tamén: Paullo, Eloy Lado, Ramón, Rubñen e Boris.
- Goles: 0-1, m.5: Keko; 1-1, m.7: Salah de penalti; 1-2, m.57: Keko; 2-2, m.57: Salah de penalti; 2-3, m.77: Keko.
Levou Keko o duelo de pichichis ante Salah, e volveu conseguir 3 puntos para o cadro de Geno. Partido no que o Zas chegaba con moitas dificultades para completar a convocatoria, entre sancións e lesións, pero coa intención clara de sumar tres puntos diante da súa xente.
Comezou o choque cun ida e volta con moito ritmo. O Outes adiantouse cedo cun gol de falta directa, pero o Zas respondeu de inmediato, transformando un penalti por man dentro da área para poñer o 1-1. Tras o empate, o xogo estabilizouse e foi o Outes quen contou coas ocasións máis claras, aproveitando varios erros defensivos dun Zas que non se atopaba cómodo, aínda que Pereiras mantivo ao equipo no partido con boas intervencións.
Na segunda metade, mesmo guión: outro erro defensivo deu vantaxe de novo ao Outes, que se mostrou sólido atrás e perigoso nas contras. Pasados dez minutos, un novo penalti, esta vez sobre Juan, serviu para que o Zas volvese empatar o encontro.
Pero non era o día do equipo de Rubén Forján e Alfredo Pereiro. Unha nova perda atrás foi castigada polo Outes, que fixo o 2-3 definitivo e soubo xestionar o resultado ata o final, cun Zas que o intentou con balón directo pero non fixo sufrir á seria defensa dos de Geno.
Muros - Cabana (0-2)
- Muros: Aitor, Pelos, Fran, Xaco, Alex, Alon, Jesús, Juan oVello, Benji, Xavi e Dani Jurjo. Tamén:, Fastu, Je, Sel, e Marcos, Juan Rey.
- Cabana: Manu Nantón, Aarón, Alex Costa, Noé Eiroa, Ferreiro, Nando, Simón, Brais, Xabi Parga, Diego Castro e Migueliño. Tamén: Pablo Pose, Blas, Diego, Mateo e Noe Souto.
- Goles: 0-1, m.44: en propia; 0-2, m.81: Simón.
Gran partido dos de Óscar Mingui para saír do pozo, esperando os erros do Muros para saír con velocidade. Xa pronto avisaban Migueliño, Xabi e Simón pero Aitor, salvaban as primeiras chegadas visitantes. Xusto antes do descanso, á saída dun córner, Ferreiro coa axuda dun defensa facía o 0-1 para os cabaneses.
O cadro de Joaquín Quintáns intentaba subir liñas na segunda, pero o Cabana estaba moi firme, e buscaba resolver nas contras. Tiña que aparecer de novo Aitor para salvar ocasións de Migueliño e Simón manter aos muradáns no partido, que tiveron nun balón á madeira como a mellor ocasión do partido para acadar o empate. No treito final, unha contra clara permitía a Migueliño facer o segundo e matar o partido.
Soneira - Ponteceso (1-2)
- Soneira: Brais Dono, Maikol, Héctor, Gusa, Oreiro,, Brais Pereira, Javi Lema, Adrián Canosa, Pichi, Richi, Vía Rápida. Tamén: Pity, David LP, Cachi, Sergio e Nico.
- Ponteceso: Darío, Dani Cotelo, Pedro, Luca, Javino, Adrián Pose, Alberto Recarey, Iván Rodríguez,, Javino, David Luca Gómez, Mendieta e Eloy Alvarez. Tamén: Neira, Dani Castro, Ures Dani Castro.
- Goles: 1-0, m.20: Richi; 1-1, m.40: Alberto Recarey; 1-2, m.70: Javino.
O Ponteceso asaltou o Castelo dos Irmandiños. Visitaba o Ponteceso o renovado campo dos Irmandiños co obxectivo de recuperarse da dura derrota antes do Samaín mentres que pola súa parte o Soneira buscaría un triunfo que o reflotase da apertada zona baixa da competición despois da dura derrota contra o Baio.
Comezaría a contenda marcada pola chuvia e o estado do campo, que xerou un xogo rápido e marcado polas imprecisións por ambos equipos no que o Soneira parecía comandar coas chegadas dos seus atacantes. Os soneiráns marcaban o ritmo, circulaban con criterio e xeraban ocasións. Despois de varias chegadas, Richi, tras un gran pase de Javi, plantábase diante de Darío collendo as costas da defensa pondaliana e batía picando o balón ante o indefenso gardameta. Parecía buscar o segundo o Soneira ante un visitante que lle costaba combinar, incluso tendo que sacar algunha boa man o porteiro pondaliano. Non obstante, nun bo balón de Adrián Pose pola banda dereita deixaba a Alberto na esquina do área e, ante a saída algo precipitada do porteiro vimiancés, picou prodixiosamente o balón para resgardalo nas mallas locais. Desta forma chegábase ao descanso cun empate no que quizais o Soneira merecera un pouco máis.
Na segunda parte, a liza apretouse, con menos esapazos e menos ocasións. Tivo unha o cadro de Josiño Abelenda, pero os de Jorge Guillamet foron situándose mellor, buscando as costas do rival e asediando a un Soneira ao que lle costaba saír co balón e xerar situacións de ataque. O partido decantaríase no minuto 70, onde un córner colgado dende a dereita foi peinado por Luca e remachado a bocaforte por Javino, facendo caer as murallas da defensa local.
Tralo gol, o partido subiu as revolucións ante a boa resposta dos vimianceses ao mazazo, este comezaron a sofocar a un Ponteceso que se repregaba ben e intentaba saír a contra sen moito éxito. Adrián Pose, sería protagonista novamente, sendo expulsado por unha dobre amarilla despois dunha man que cortou unha contra vimiancesa, deixando o Ponteceso con dez os últimos minutos. Intentábao a balón parado o Soneira, e achicaba auga o Ponteceso cando Mendieta recibiu unha agresión moi protestada polos locais que se saldou coa expulsión de Cachi. Parecía acabado o partido cando o Soneira, na última ocasión do encontro peinou unha falta lateral que a piques estivo por ser rematada polos xogadores apiñados na área pequena; desafortunadamente para os irmandiños, Darío actuou soberbiamente facéndose co balón e rematando coas esperanzas do Soneira.
Desta forma, o Ponteceso sube posicións trala derrota do Corcubión, poñéndose nunha nada deseñable sexta posición, a cinc puntos do líder malpicán mentres que o Soneira afúndese ante a vitoria do Cabana, posicionándose penúltimo con esta liga na que aínda queda moito peixe por vender.
Xallas - Baio (0-1)

- Xallas: Xallas F.C.: Iván Couto, Martín, Elvis, Alberto Jallas,, Dani Barbeira, Macareno, Peke, Rubén Blanco, Sergio Barbeira, Bryan, e Adrián Couto. Tamén: Íker, Iván García, Cristóbal, Julián e Pablo Landeira.

- Baio: Rodri, Norberto, Pazos, Josiño, Vila, Carreira, Victor, Pablo Gabín, Mamadou, Miki Vidal, e Cheti. Tamén: Bruno, Fernando e Alex Muíño.
- Gol: 0-1, m.63: Cheti remata un centro de Alex.
Partido de altos voos en Fontenla, cos dous equipos dos chamados ao ascenso que chegaban con importantes baixas, pero con moita calidade nas súas filas. Os de Diego Lobelos volveron ser moi serios, moi firmes atrás, coma sempre evitando as chegadas claras dun Xallas ao que lle faltou a actitude doutras semanas.
Na primeira metade, non estivo mal o Xallas, pero era o Baio o que dominaba o partido, co vento a favor, e Mamadou e Alex tiveron un par de accións na primeira metade pero Iván Couto estaba moi seguro.
Mellorou aínda un pouco máos na segunda o cadro baiés, que vencía os duelos, e nunha xogada rouba Miki, xoga con Pazos, que abre a Alex, métese na liña de fondo e centra para que Cheti remate a gol.
Fixo dano o tanto no bando xalleiro, pois os de Doriño, vendo o que pasaba no campo vían moi difícl reverter a situación. Fixeron cambios tácticos os xalleiros, e nos últimos minutos foron con todo arriba, mesmo con Iván Couto subindo, aos córners de Peke, pero sen demasiada claridade.
Todas as crónicas da 2ª FUTGAL
- X.7: O Mazaricos frea ao Xallas.
- X.6: O Xallas fica líder en solitario.
- X.5: Malpica e Xallas quedan ao mando.
- X.4: Xa non queda ninguén contando partidos por vitorias.
- X.3: Outes e Malpica manteñen o pulso
- X.2: Malpica, Outes e Muros sorprenden con 2 de 2 ante rivais potentes.
- X.1: Empates que destilan a igualdade desta Liga da Costa.
Máis información
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.