xoves. 08.05.2025
El tiempo

Ponteceso tamén se sumerxe na marea de coñecementos da revista Thaumazein

Ponteceso tamén se sumerxe na marea de coñecementos da revista Thaumazein
O 6 numero da Revista Thaumazein da Universidade Cromatica das Virtudes Charla en Ponteceso arredor da revista Thaumazein

Fantástica a proposta da Universidade Cromática das Virtudes de vertebrar a Costa da Morte a través do pensamento. Mentres seguen co seu Cinclube e as súas Lesentopías, están a levar a súa Revista Thaumazein por toda a bisbarra. I é que a asociación nace en Corcubión, pero con vocación comarcal, sen dúbida.

Xa a presentaron en Carnota, e este sábado 1 de febreiro, realizarán unha charla coloquio e tertulia sobre a revista cultural, ás 17:00h da tarde na Biblioiteca Municipal do Concello de Ponteceso. Presentarase o sexto número desta revista coa intervención de Sergio Cernadas e Borja Santiago.

Charla económica en Ponteceso

E sobre un asunto ben diferente, o salón de plenos do Concello de Ponteceso acollerá o vindeiro 4 de febreiro ás 09.30h, unha charla destinada ás pemes sobre axudas que concede a Xunta de Galicia este ano. Confirmou a súa presenza o director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela, e un representante do Igape.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios