Queremos Galego invita en Corcubión a toda a Costa da Morte a participar na manifestación do 17 de maio en Compostela
A Plataforma Queremos Galego na Costa da Morte, estivo esta pasada tarde en Corcubión para animar a toda a comarca a participar na manifestación que este martes 17 de maio se vai celebrar polas rúas de Compostela.
O seu voceiro, o noso Alexandre López Romero, considera necesario saír á rúa para "evidenciar que a situación do galego non é irreversível" e "que hai alternativas e vontade colectiva para mudar a tendencia negativa para a lingua". López Romero recordou que haberá transporte, para facilitar o desprazamento. O voceiro de Queremos Galego na comarca recordou que todos os avances para o galego se conseguiron "pola perseverancia e polo esforzo do pobo galego", como a incorporación do galego ao catálogo de Netflix ou a recente sentenza do TSXG contra Facenda por atacar os dereitos lingüísticos dun cidadán galego.
A plataforma reclama a posibilidade de vivir "en galego agora e sempre" e denuncia que o ensino e unha limitadísima oferta audiovisual en galego botan abaixo os esforzos das familias por garantiren a transmisión da lingua.
Puxo de exemplo a loita pola volta do Xabarín a TVG. "Mesmo os pequenos pasos que como pobo conseguimos para o noso idioma están sometidos a revisións constantes", advirten. "Só hai que ver como despois da ampla campaña social e da unanimidade política acadada arredor da iniciativa Xabarín".