Venres. 29.03.2024
El tiempo

Queres opinar ou preguntar sobre desenvolvemento e emprego?

Queres opinar ou preguntar sobre desenvolvemento e emprego?

Xa coñecemos como vai ser o Congreso MODELO, un punto de encontro para os Axentes de Desenvolvemento Local dos concellos da bisbarra que se celebrará en marzo e abril nas vilas de Vimianzo e Corcubión. Pero este congreso será un congreso aberto, e para iso, e dende xa, abren unha plataforma onde as vosas opinións son as protagonistas.

Os ADL piden así que opines sobre a mesa acerca da rede de axentes de emprego e desenvolvemento local de Galicia. De feito, se desexas plantexar algunha cuestión a calquera dos relatores, podes facelo no apartado OPINA na columna dereita da web congreso.afiprodel.org. Estas aportacións serán presentadas aos participantes e, posteriormente, as súas respostas serán publicadas na web. Recolleranse propostas ata o día 10 de marzo.

O papel dos ADL

Esta primeira mesa do Congreso MODELO versará sobre o papel dos e das ADL en Galicia e celebrarase ás 10:00 horas na Casa da Cultura de Vimianzo o 25 de marzo de 2011. A asistencia e libre e gratuíta.

Pretendese integrar a perspectiva profesional, política, institucional, social e empresarial sobre o labor destes profesionais. ¿Qué papel xogan os técnicos no desenvolvemento local dos territorios? ¿Cal é a incidencia do seu traballo no tecido socioeconómico dos concellos? ¿Valorase socialmente o papel dinamizador, a capacidade de captación de recursos e o seu achegamento á cidadanía?

Participaran na mesa Angel Sucasas Peón, director da UPD Coordina Local II de IGAPE-BIC Galicia; Manuel Muiño Espasandín, presidente do Grupo de desenvolvemento rural Costa da Morte e alcalde de Zas; Mª Teresa Ferreira Lavandeira, presidenta da asociación Salto de Vimianzo e María Alicia Carrillo Lago, xerente de Buceo Finisterre de Fisterra.

Máis información e inscrición

O procedimento para participar neste apartado está recollido na web www.afiprodel.org e en congreso.afiprodel.org.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios