Moraime viviu unha nova noite máxica de música barroca
Cheo total na Igrexa de Moraime o pasado sábado para acoller o concerto de “Afecto y Desdén”. O grupo realizou unha serie de interoretacións de pezas de música irlandesa, escocesa e inglesa do barroco, deixando atónitos aos espectadores. Un deses actos que atrae xente de toda a zona a disfrutar da música nun entorno tan fermoso. De feito, as colas foron contuntendes, e as cadeiras acabáronse…
A cantante Gemma Román, natural de Tomelloso pero aficanda en Corcubión, lidera a grupo formado por Víctor Blanco (o de Ares toca a harpa de dúas ordes e a guitarra barroca), Roberto Santamaría (o de Santiago toca o violín barroco), e Pablo Ruibal (natural de Bergondo que toca a viola da gamba).
As protagonistas foron as broadside ballads, cancións populares interpretadas nas rúas e casas das cidades e vilas británicas dende o século XVI ata principios do século XX.
Aquí vos deixamos co vídeo completo do concerto da man de VH: