Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A veciñanza do casco histórico de Corcubión poderá acceder a 100.000€ de axudas para a rehabilitación de edificios

Casco Vello de Corcubion-Foto-Axa
Casco Vello de Corcubión-Foto-Axa
A veciñanza do casco histórico de Corcubión poderá acceder a 100.000€ de axudas para a rehabilitación de edificios

A semana pasada a Xunta aprobaba a serie de convenios con 17 concellos do país para o reparto de 2,7 millóns de euros en axudas de rehabilitación para zonas protexidas como ARI (Áreas de Rehabilitación Integral). Para o Conxunto histórico de Corcubión hai unha partida de 100.430,0€, que poderán solicitar os propietarios de vivendas e edificios de vivendas para a súa rehabilitación.

Terán que facelo a través do Concello, pois serán os que fagan as convocatorias públicas. Se non hai solicitudes os Concellos poderán utilizar eses fondos para obras de urbanización municipal.

Comentarios