Un último baile antes do verán para o cineclub Sr. Lobo
08:16 23/06/26
Tras o éxito das últimas convocatorias o Sr.Lobo Cineclub regresa para facer un último baile antes de que comece a conquista das praias.
Este xoves 25, ás 20:45, a Casa da Cultura de Corcubión acolle a proxección de The Last Man on Earth (1964), a primeira adaptación á gran pantalla da novela "Son Lenda", cuxo autor, Richard Matheson, participou na escritura do guión.
Directores como Joe Dante (Gremlims, 1984), George A. Romero (Night of the Living Dead, 1964) e Tim Burton, víronse influenciados por esta cinta para desarrollar a súa estética propia posterior, explican dende o cineclub para explicar a súa escolleita.
Coma sempre, a entrada é de balde, e haberá unha pequena presentación do filme así como un coloquio ao remate.



