Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Volve o raposo das Lobeiras

Volve o raposo das Lobeiras
Raposo rescatado das Illas Lobeiras Raposo rescatado das Illas Lobeiras

Mesmo o Vierios.com, (disque hai algún topo vieirense por Lira) malia non renovar moito a sección da Barbanza, faise eco da nova aparición do raposo das Lobeiras. Esas encantadoras rochas, que pertencen ao concello de Corcubión, mais estar xusto diante do concello de Carnota, fronte a costa do Pindo, Quilmas e Panches. O concello de Corcubión ten solicitada unha entrevista con Medio Ambiente para incluilas no Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Un daba unha volta por Quilmas a semana pasada, e varios veciños da zona xa me comentaran que varios mariñeiros da zona, aseguraran ter visto ao devandito raposo polas illas nos últimos días. Seica a nado non chegaría o raposiño nin de broma (non coma os lobos mariños que dan nome ás illas), e ademais que o levaría a decidir mudarse á illa? Algún veciño houbo de levar o raposo para alí de seguro.

A historia do raposo

A historia do raposo contábama o veciño de Quilmas Juan García Ínsua, Nito. Non é pouca a xente que se achega ás illas de expedición a pasar unha tarde, ou mesmo a pasar un par de noites ( eu teño moitas gañas de facelo). Nunha destas, un dos expedicionarios acabo canso das gaivotas que revoloteaban o lugar e xurou que ía remediar a única incomodidade que tiña aquela preciosa paraxe. Un raposiño e que se busque a vida.

Nito lembraba que cando o Seprona foi buscar ao raposo, este estaba ben delgadiño, case famélico. Estaría farto de gaivota, digo eu.

Excursión

A Plataforma pola Defensa Cultural de Quilmas e Adega están a organizar unha excursión ás illas para o vindeiro 21 de marzo de 2008. As prazas son limitadas xa que a illas non dá para máis, pero para reservar praza poden chamar ao 687 53 17 13. Sairá da Fonte de Quilmas ás 10:30 e varios veciños da zona levarán aos apuntados en varias lanchiñas. É preciso levar a comida.

A preciosa foto das Illas Lobeiras foi tomada por Irene García Patiño na Virxe da Barca do 2005.

Fonte

Comentarios