Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Xurxo Souto trae o "Método Luísa Villalta" a Corcubión

Xurxo Souto con JUlia Pena e Xabier Maceiras na Feira do Libro de Coiro Laracha
Xurxo Souto con Julia Pena e Xabier Maceiras na Feira do Libro de Coiro Laracha
Xurxo Souto trae o "Método Luísa Villalta" a Corcubión

Volve o ciclo de presentacións mensuais de libros á Biblioteca Municipal de Corcubión, que co comezo de curso recupera a súa normalidade. A próxima será da man do polifacético Xurxo Souto, escritor, músico e actor que virá ata Corcubión para dar a coñecer ao público os detalles do seu último libro "Somos un pobo de atistas. O método Luisa Villalta". A presentación do autor quedará a cargo de Serxio Iglesias, poeta, docente e amigo do protagonista.
A cita será o venres 20 de setembro ás 19:00h na Bblioteca da Casa da Cultura.

O libro de Xurxo Souto é unha compilación de diversos textos e artigos que o autor foi facendo ao longo da súa traxectoria e que como conxunto constrúen un discurso e un pensamento no que se alinean a poesía e a música como unidade indisociable. É un libro que “pousa a música onde había ruido” en acompañamento e citación a Luisa Villalta desde o seu libro O outro lado da música, a poesía obra na que situa Xurxo Souto a súa pulsión de recopilación.

Novo horario

Co mes de setembro a biblioteca poñe en funcionamento un novo horario para o outono e inverno que esta organizado de xeito que redunde positivamente no potencial uso do espazo por usuarios e usuarias estudantes, lectores e asistentes ás actividades de dinamización que se vaian levando a cabo. Así, os xoves e venres o horario prioriza a apertura de tarde pensando especialmente en facilitar o uso da súa sala de estudo. Os sábados estará aberta de mañá e de tarde e os martes e mércores combinaráse a mañá coas primeiras horas da tarde. Os domingos e luns permanecerá pechada.

Comentarios