Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Deputación licita por 188.954,62 euros as obras dunha senda peonil na estrada de Coristanco a Santa Comba

A Deputación licita por 188.954,62 euros as obras dunha senda peonil na estrada de Coristanco a Santa Comba
A área de Vías e Obras da Deputación da Coruña licita por 188.954,62 euros as obras de construción dunha senda peonil da estrada DP- 2904, entre o punto quilométrico 11,460 e o 12,185, no municipio de Santa Comba. Esta nova actuación axudará completar o proxecto de mellora da seguridade vial nunha estrada na que a Deputación ven de adxudicar as obras de mellora do firme no tramo que discorre entre os puntos quilométricos 15,800 e 20,240, cun investimento de 248.156,52 euros. A senda peonil realizarase de xeito paralelo á estrada DP 2904, Coristanco- Santa Comba, na súa marxe esquerda, entre o camiño de acceso á fervenza de Castriz e o comezo das beirarúas xa existentes do núcleo do mesmo nome. Características Construirase a senda sobreelevada cun bordo de formigón cun ancho de dous metros, o saneo nunha profundidade variable entre 86 e 81 centímetros, recheo cun espesor de 70 centímetros e pavimentación da calzada. O ancho da senda podería variar puntualmente coa fin de evitar afeccións aos propietarios das parcelas lindantes. Previamente, procederase ao desbroce e á limpeza de beiravías e cunetas de ambas marxes da calzada. Para o drenaxe das augas pluviais, contémplase a construción dunha rede de tubaría de formigón, que discorrerán baixo a senda peonil. Para a captación das augas colocaranse sumidoiros cada 25 metros. A mesma distancia para a colocación dos pozos de rexistro. Estas obras complétanse coa construción nese tramo dun muro de escollera cunha altura de 1,7 metros. Implantarase tamén unha varanda de aceiro e substituiranse as actuais en ambas marxes. A esta actuación engádese ademais a execución de dous tramos de cuneta revestida de formigón na marxe dereita da estrada así como a sinalización horizontal e vertical e peches de parcelas que resulten afectadas pola realización das obras. O prazo de execución dos traballos é de catro meses. As empresas interesadas en participar na licitación poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 24 de outubro no rexistro xeral da Deputación.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios