mércores. 30.04.2025
El tiempo

A EFA Fonteboa abre aos profesionais unha completísima oferta formativa

EFA Fonteboa Programa Abril 2025
EFA Fonteboa Programa Abril 2025
A EFA Fonteboa abre aos profesionais unha completísima oferta formativa

Tremenda, unha vez máis, o programa trimestral de actividades de formación continua do Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa de Coristanco. Unha programa aberto á veciñanza, a autonónomos, empregados e profesionais para aumentar a súa capacitación profesional en diferentes eidos, como o forestal ou o agroalimentario.

Estes días o centro está a tope cun curso de Motoserra, e a partir do mes de maio xa comeza unha oferta completa.

O venres 9 de maio hai programada unha visita ás plantacións forestais en Albergaría, xestionadas por Navigator Company e ás instalacións insdustriais en Aveiro. Unha viaxe aberta a persoas do sector.

Do 13 ao 15 de maio, o centro coristanqués acolle a Asemblea Xeral de EFESC (Consello Europeo de Capacidades Forestais e Medioambientais), a entidade que homologa e examina aos alumnos para os certificados de motoserra -ECC- e desbrozadora -EBC-, nos diferentes niveis de coñecementos e destrezas.

Xa pensando nos profesionais do gando (e nos estudantes de Gandería e Asistencia en Sanidade Animal), os 14 e 15 de maio hai un Curso de alimentación de vacún de leite, sobre nutrición, ormulación de racións, manexo do potencial produtivo dos pastos e deseño de estratexias para optimizar os rendementos.

A horticultura tamén ten o seu espazo durante o venres 30 de maio, cunha sesnón na Laracha.

Aínda o 29 de maio, e co gallo do Día Mundial do Leite (que ten lugar o día 1 de xuño), haberá obradorios sobre derivados lácteos, coa finalidade de valorizaro leite, divulgar os seus valores nutritivos e posibilidades culinarias, con varias empresas.

O sábado 14 de xuño será a xornada de clausura dos cursos de FP, ESO e ESA, dando paso ao programa de formación polo resto de España e un programa formativo a través do GDR por toda a comarca.

Para preguntar, poden poñerse en contacto no 981 733 051 ou en fonteboa@fonteboa.es.

EFA Fonteboa Programa Maio 2025

EFA Fonteboa Programa Xullo 2025

Comentarios