Mércores. 18.09.2024
El tiempo

A furgoneta pantasma de Santa Comba

A furgoneta pantasma de Santa Comba
A furgoneta pantasma de Santa Comba

Curiosa estampa a que protagoniza hoxe o Concello de Santa Comba, coa estrea dunha “nova” furgoneta municipal. O caso é que a devandita furgoneta levaba 8 anos sen usar, como anuncia un alcalde estranado pola “sorpresa” que levou o novo equipo de goberno.

Trátase dunha nova furgoneta, Nissan, con caixa frigorífica isotermo, como as de reparto de peixe e productos refrixerados, con apenas 390km. O novo grupo descoñece porque leva parado tanto tempo ou se foi froito dalgunha subvención, a pesar de ter unha flota de vehículos bastante envellecida.

Agora xa está rotulada e dispoñible para os operarios municipais.

Asesoramento catastral

Regularizacion Catastra en Santa Comba

O Concello xalleiro vén de abrir un interesante e necesario Servizo Municipal de Asesoramento e Información para os veciños, no marco do procedemento de Regularización castatral no que está inmerso. Trátase da incorporación ao Catastro Inmobiliario dos bens inmobles urbanos e rústicos, afectados por novas construcións, ampliacións, reformas ou rehabilitacións, coa finalidade de garantir a adecuada concordancia da descrición catastral dos bens inmobles coa realidade.

Os veciños están recibindo unha notificación da Dirección Xeral de Catastro, comunicando un alta ou modificación catastral dos seus inmobles. E ante as dúbidas que poida xerar, o Concello pon a disposición de tódolos veciños incluídos neste procedemento de regularización, os medios de asesoramento necesarios para unha mellor información e cumprimento da lexislación vixente o respecto.

Poden preguntar aquí:

  • Casa do Concello. Rexistro Municipal. Teléfono: 981 880 075/100.
  • Centro de Cultura. Departamento Medio Ambiente. Teléfono: 981 880 275.

Fonte

Comentarios