Venres. 26.04.2024
El tiempo

O alumnado do CEIP Canosa Rus vendeu na feira de Carballo material da Fundación Adcor para a viaxe de fin de curso

rptnb
O posto da Feira
O alumnado do CEIP Canosa Rus vendeu na feira de Carballo material da Fundación Adcor para a viaxe de fin de curso

Domingo a rebentar na Feira de Carballo. O bo tempo despois de semanas de chuvia fixo que o centro da vila carballesa estivese a rebentar. E entre vermús, churros, pinchos, comercios abertos, postos de verdura, flores e demais, destacaba a presencia dun posto do alumnado do CEIP Canosa Rus.

A rapazada vendía material realizado polos usuarios con diversidade funcional da Fundación Adcor. Elementos realizados con material reciclado da marca “Dlonas”, como bolsas, e outras cousas… cunha liña moi actual.

Moita xente mercou e así axudou a dúas boas causas: que a Fundación herculina siga medrando, e que non quedue ningún rapaz de Coristanco sen ir de viaxe a Pena Aventura, en Portugal.

Comentarios