Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O alumnado do EFA Fonteboa aprende a montar a súa granxa a través do proxecto FUNCAP

FUNCAP 2 FONTEBOA 3
O alumnado do EFA Fonteboa aprende a montar a súa granxa a través do proxecto FUNCAP

Un total de 63 alumnos e alumnas do Centro de Promoción Rural EFA FONTEBOA, de Coristanco participaron este mércores no proxecto FUNCAP, unha iniciativa europea liderada pola Fundación Juana de Vega, que busca dar a coñecer os beneficios da Política Agraria Común entre a mocidade da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. 14 centros de ension a máis de 400 alumnados das dúas beiras do Miño participan neste proxecto.

No caso costeiro, 3 alumnos do ciclo medio de Produción Agropecuaria e de 3º e 4º de ESO participaron na segunda sesión de “Os Soutos do Norte”, un xogo co que se traslada dun modo divertido ao alumnado os principais beneficios da PAC, o Pacto Verde Europeo e a Estratexia da Granxa á Mesa, así como os cambios que suporá o novo período da PAC a partir do ano 2023.

“A acollida foi moi boa, cun alumnado moi involucrado e entusiasmado co xogo. Nunha primeira sesión aprenderon a montar a súa propia granxa, a conseguir recursos e terras e ir logrando beneficios para reinvestilos. E nesta segunda sesión avanzamos para incidir máis en relación coa Política Agraria Común e o compromiso do sector produtor coa sociedade e co medioambiente”, destacan desde a Fundación Juana de Vega.

FUNCAP 2 FONTEBOA 4

Novas relacionadas

Comentarios