Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Proxecto Europeo FUNCAP estrea o programa formativo trimestral do EFA Fonteboa

EFA Fonteboa Formacion abril e maio 2022
O Proxecto Europeo FUNCAP estrea o programa formativo trimestral do EFA Fonteboa

Este mércores, 20 de abril, arredor de 90 alumnos e alumnas do Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa, de Coristanco participarán no proxecto FUNCAP, unha iniciativa europea liderada pola Fundación Juana de Vega, que busca dar a coñecer os beneficios da Política Agraria Común entre a mocidade da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Esta será a primeira das actividades do premiado (Premio Aresa 2022) e exemplar centro formativo coristanqués, que xa ten un Programa de Actividades de Formación continua de aquí a final de curso.

En abril toca apicultura, con módulos, obradoiros, encontros, e mesmo unha Ruta das Albarizas. Tamén, os 25 e 26 acollen un curso de Carretillero. A última semana organizan unha viaxe á Feira da Maquinaria Agrícola de Zaragoza.

Durante o mes de maio haberá un completo Curso de Benestar Animal, un curso de muxido er outro de motoserrista.

Maio vaiu arredor do leite, e para xuño, trala clausura, haberá as prácticas e un work Camp nos Ancares.

Toda a información e inscricións no 981 733 051, en [email protected] ou en www.fonteboa.es.

Programa formativo EFA Fonteboa
Programa formativo EFA Fonteboa

Comentarios