Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Cazan un avó triplicando a taxa de alcohol permitida cos seus dous netos a bordo

Control de Alcoholemia da Garda Civil
Imaxe dun control de Alcoholemia da Garda Civil
Cazan un avó triplicando a taxa de alcohol permitida cos seus dous netos a bordo

Esta fin de semana a Garda Civil tivo que reter un avó que conducía baixo os efectos do alcohol cos seus dous netos, de 3 e 5 anos, a bordo. O home, natural de Coristanco, de 56 anos, foi obrigado a facer a proba de alcolemia na CP-2901, dirección de Cereo, dando 0,76 mg/l na primeira proba e 0,74 na segunda, case triplicando a taxa máxima permitida.

O condutor aseguraba nun principio que só tomara unha cervexa, pero logo admitiu que tomara algunha outra bebida. Ben é certo que os dous nenos viaxaban cos sistema de retención de menores homologado, pero a perda de facultades que supón a condución nese estado, provocou que os axentes esperasen á nai para que se fixera cargo dos menores.

O avó será citado en vindeiras datas para un Xuízo Rápido por un delito contra a Seguridade de Tráfico no Xulgado de Garda de Corcubión. Un delito que pode levar penas de 3 a 6 meses de prisión, e a supresión do carnet de 1 a 4 anos, en caso de ser condenado.

Outro positivo

No mesmo control, outro varó daba 0,34, tendo ademais o seu carnet caducado e a ITV sen pasar, e non realizara un curso de reeducación vial que tiña que ter pasado.

Accidente en Dumbría

A xornada dominical deixou tamén un accidente de tráfico en Berdeogas, no temido cruce da AC-552 coa AC-442. COrrían as 14:00h cando tres vehículos colidían, deixando varios feridos.

Comentarios